"O ensino debe facer sentir aos alumnos que aquilo que se lles ensina é fermoso e non unha amarga obrigación" Albert Einstein
mércores, 21 de xuño de 2017
luns, 29 de maio de 2017
Participamos co Concello nunha actividade moi fermosa, cargada de valores e de emotividade. Puidemos comprobar o que é de verdade o esforzo, a loita e a superación persoal na charla que nos deu MARTÍN DE LA PUENTE, tenista en cadeira de rodas, orixinario de Vigo que padece o "Síndrome de Proteus".
Vai ao instituto e xoga ao tenis en cadeira de rodas, deporte que escomenzou como unha afección e que se convertíu para el nunha paixón.
Martín é o mellor tenista de España en cadeira de rodas
A pista de tenis é o seu segundo fogar:
“Levántome ás 8h; vou ao instituto dende as 9h ata as 14h e 30; como e voume entrenar, tanto na pista como preparación física. Saco boas notas. dánseme ben os estudos e teño claro que os estudos son o primeiro”.
Aquí vos deixamos a charla que nos deu no Multiusos de Arcade aos nenos do CPI Manuel Padín Truiteiro.
Mil grazas Martín e desexarche dende a nosa escola toda a sorte do mundo.
Escomenzou o terceiro trimestre e esquecémonos un pouco do blogue, non tivemos tempo para mostrarvos as nosas actividades, as unidades feitas, os power-point, actuacións,etc.
Así que agora vai ir todo xuntiño, só queremos que gocedes das nosas publicacións e que pouco a pouco tod@s vaiamos ensinando e aprendendo. Grazas por ser tan pacientes con nós.
Imos alá "Vento en popa a toda vela..."
Así que agora vai ir todo xuntiño, só queremos que gocedes das nosas publicacións e que pouco a pouco tod@s vaiamos ensinando e aprendendo. Grazas por ser tan pacientes con nós.
Imos alá "Vento en popa a toda vela..."
domingo, 2 de abril de 2017
ÍMONOS DE PLANTACIÓN
Foi unha experiencia magnífica, encantounos participar deste proxecto "Repoboar os nosos bosques", escomenzado polo mestre Quico no ano 2007, polo que este ano fai 10 anos que a nosa escola está a colaborar con todas as comunidades de montes do Concello de Soutomaior e co propio Concello que tamén colabora con tod@s nós.
O día estivo moi bo polo que todo resultou xenial!!!! Primeiro fomos á zona de Salgueirón onde plantamos castiñeiros.
Unha vez rematada a plantación, baixamos en autobus cara ó multiusos, onde nos esperanban coa merenda e unha pequena representación sobre como reciclar o lixo e coidar o noso entorno.
Un día para lembrar sempre, grazas de tod@s @s nen@s de 5º e 6º cursos a tod@s os que facedes posíbel que poidamos aprender deste xeito tan fermoso.
martes, 21 de marzo de 2017
ESCOMENZAMOS UNHA NOVA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN E COÑECEMENTO
TÓCANOS INVESTIGAR
SOBRE EUROPA, teremos que buscar información, realizar un resumo da mesma,
preparar unha exposición oral sobre o investigado e por último presentarnos un
mapa conceptual do tema para o seu estudo.
LEMBRA O PROCESO
DE TRABALLO:
·
Traballaremos
agrupados cos mesmos grupos da aprendizaxe cooperativa, na que xa temos
designados o coordinador/a, o/a portavoz
e o secretario/a.
·
O segundo
paso será buscar en diferentes soportes(libro de texto, diccionarios temáticos,
ordenador,... información sobre o tema que temos que preparar.
·
Anotaremos
o importante no noso caderno de equipo e se fora posíbel nun archivo Word.
·
SELECCIÓN
da información que sexa relevante para elaborar a unidade.
·
ORGANIZACIÓN
da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.
·
MONTAXE
da información no noso caderno ou nun PowerPoint, con textos, debuxos,
fotografías e todo o que sexa necesario.
Lembra que tedes
que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.
ESTRUCTURA DA INVESTIGACIÓN – DÚAS SESIÓNS.
Grupo 1 A poboación de Europa.
Grupo 2
A Unión Europea: Obxectivos, vantaxes, inconvintes para España e Galicia
Grupo 3
A zona euro: Que é? Que países a
forman? Cales están en proceso de integración na mesma? Que é o “brexit”? Que
país quere irse da UE?
Grupo 4 Historia da UE
Grupo 5 Institucións da UE
Cada grupo
realizará con todos os datos un resumo do tema que nos como mestres iremos
supervisando ao longo das dúas sesións que teremos para facelo.
Ao remate
empregaremos dúas sesións para exponer cada grupo a súa parte e adxuntar os
resumos aos nosos cadernos de aula para o seu estudo posterior.
Así que ánimo….e imos pórnos mans á obra!!!
Para rematar a
unidade exlicaremos que é unha pirámide de poboación e un gráfico de poboación.
Unha vez rematada a unidade, colgaremos no blogue toda a información.
AS NOSAS LENDAS
Neste mes de marzo estamos a traballar "As nosas lendas", como tod@s sabemos Galiza é terra de lendas, as lendas difúndense coma rumores, aínda que na actualidade xa non tanto, @s nen@s non se lle contan tantos contos, lendas como se facía antes, hoxe en día o tempo ocúpase en outras cousas que fan que se perda parte da nosa cultura, parte da nosa tradición,... e polo tanto parte da nosa terra. Unha ferida máis que se abre.
Pero por sorte @s alumn@s de 6º curso do CPI Manuel Padín Truiteiro, imos tentar recuperar algunha das lendas máis coñecidas polo noso entorno.
Esta primeira que imos ver e escoitar esta recollida por Laura Pérez a intrépida reporteira de 6ºB, é unha lenda que nos fala de Pedro Madruga, personaxe que habitou o castelo de Soutomaior alá pola Idade Media.
Tod@s moi atentos, escoitade con atención. Merece a pena!!!!
Neste enlace tamén podedes ler e escoitar un montón de lendas de Galiza, é unha páxina ben fermosa e interesante, aquí vola deixamos.
OS SECTORES DE PRODUCIÓN EN EUROPA, ESPAÑA E GALICIA
Qué son os sectores de produción???? @s alumn@s de 6º imos facer unha pequena explicación do tema. Despois de traballar o tema como unha unidade de investigación e coñecemento chegamos á seguinte conclusión.
Os sectores productivos son as distintas actividades económicas, atendendo ó tipo de proceso que se desenvolve.
Imos ver esta pequena montaxe feita sobre o tema, desexamos que vos guste e sobre todo que poida aportarvos coñecementos.
Os sectores productivos son as distintas actividades económicas, atendendo ó tipo de proceso que se desenvolve.
Imos ver esta pequena montaxe feita sobre o tema, desexamos que vos guste e sobre todo que poida aportarvos coñecementos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)