mércores, 23 de decembro de 2015

NON MÁIS VIOLENCIA

Durante o mes de novembro traballamos na aula " A violencia de xénero"
Escoitamos cancións, visionamos curtos, e lemos artigos sobre o tema. Realizamos unha unidade didáctica sobre a violencia de xénero, xa que debemos concienciarnos e asegurarnos de deter todas as atrocidades que se comenten en contra das mulleres na maioría dos casos.
Nós somos nenos e nenas de 10 anos, pero dende xa, temos que traballar para que estas cousas non acontezan, NUNCA MÁIS.
Deixámosvos un pequeno video con algúns dos nosos traballos, pero o máis importante é que hoxe sabemos un pouco máis. Bicos a milleiros.










mércores, 18 de novembro de 2015


Francesco Tonucci: pensador, psicopedagogo e debuxante italiano. 

Eu coido que a escola debe ser un lugar marabilloso para falar, traballar, colaborar, coñecerse, reflexionar, construír, aprender e ensinar. E moitas máis cousas que poidamos imaxinar.

Mirade este pequeno vídeo sobre a historia de Luisa, a avoa de Frato ( Francesco Tonucci) e daquela... podemos empezar a dicir: Que escola queremos para os nosos/as nenos/as ?




xoves, 15 de outubro de 2015

OS ALUMNOS DE 5º A

Queremos que a nosa clase sexa un lugar onde cada un de nós sexa feliz. Ninguén é diferente, soio temos xeitos distintos de aprender.

mércores, 9 de setembro de 2015

BENVIDOS/AS AO CURSO 2015 - 2016

Benvidos/as ao novo curso que comeza hoxe 10 de setembro na escola Manuel Padín Truiteiro.

O primeiro é  desexarvos un bo inicio de curso.

 Lembrade que á escola é unha porta aberta ao mundo das sensacións, sentimentos, coñecementos, oportunidades ... para coñecer o mundo, falar e escribir mellor, comunicar e expresar o que sentimos,..., en definitiva para formarnos como persoas.

O obxectivo máis importante que imos perseguir este curso é coñecernos mellor e adquirir coñecementos, hábitos, normas e valores que contribúan a facernos boas persoas.


De nada serve adquirir moitos coñecementos se despois non sabemos vivir en sociedade, se non respectamos aos compañeiros/as, se non valoramos o esforzo e o traballo propio e alleo, se non entendemos que somos diferentes pero ninguén é inferior nin superior, así que todos xuntos imos perseguir ese obxectivo.

De aquí ata xuño imos escribir o mellor libro de experiencias, xogos, traballos, iniciativas e todas as cousas que vaian xurdindo ao longo do curso.

Nós non lle pechamos o libro a nada nin a ninguén, así que dende agora todos a escribir.


Darlle grazas aos vosos pais e nais por escoller a nosa escola.

venres, 15 de maio de 2015

xoves, 23 de abril de 2015

xoves, 19 de marzo de 2015



Voki sobre África realizado por  Azahara, Sabela, Rodrigo e Naiara.                                                                                                      

domingo, 1 de marzo de 2015

O venres 27 de febreiro a comunidade de monte da XESTEIRA, convidounos a plantar no seu monte do Puntal 350 castiñeiros e carballos.

O mestre Quico encargouse de organizar todo xunto cos comuneiros da Xesteira.

Organización perfecta.

Saímos da nosa escola cara ás 9,30 para chegar ao monte antes das 10 e poñernos mans á obra. Alí nos estaban esperando: Teresa, Marcos, Rosa, Cristina, Manuel, Verónica, Carlos Seoane e Carlos Vilán. Nos iamos cargados de ilusión e de ganas de facelo ben e desexamos que así fora.

Dende a nosa escola darlle as GRAZAS con maiúsculas á COMUNIDADE DE MONTES DA XESTEIRA, por deixarnos formar parte desta experiencia marabillosa e tan enriquecedora para a nosa formación, e como non ao mestre Quico que sempre nos organiza actividades tan fermosas e cargadas de aprendizaxes e valores, e as nosas mestras Paula e Berta que nos acompañaron e que tamén traballaron arreo, sen todos  nada disto sería posible.



Música do video de Milladoiro

martes, 24 de febreiro de 2015

LEMBRAMOS A ROSALÍA

Hoxe 24 de febreiro de 2015, os nenos e nenas de 6º de primaria do Manuel Padín Truiteiro, lembramos á gran poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO.

Ao chegar a aula fixemos unha lectura de poemas escollidos por nós, cada un leu o seu. Nun mural colectivo pegamos os retratos que lle fixemos a Rosalía, de seguido cantamos o poema " Adiós ríos, adiós fontes" lembrando así un dos poemas máis coñecidos por nós da autora.

Logo cada un de nós escolleu unha verba do poema que seleccionaramos para ler, e fixemos esta nube de verbas, que desexamos vós encante.


E por último recollemos as nosas actividades neste pequeno video :-)



sábado, 21 de febreiro de 2015

luns, 2 de febreiro de 2015

Neste mes de febreiro imos coñecer o gran escritor portugués José Saramago el non escribía libros para nenos pero...

Le con atención:

"As historias para nenos deben escribirse con palabras moi sinxelas, porque os nenos, ao ser pequenos, saben poucas palabras e non as queren moi complicadas. Gustaríame saber escribir esas historias, pero nunca fun capaz de aprender, e iso dáme moita mágoa. Porque, ademais de saber elixir as verbas, é necesario ter a habilidade de contar dun xeito claro e sinxelo, e ter tamén unha paciencia moi grande. A min  fáltame polo menos a paciencia, polo que pido perdón."



"Este é o conto que eu quería contar, dáme moita magoa non saber narrar historias para nenos, pero polo menos xa coñecedes como sería a historia, e poderedes explicala doutro xeito con verbas máis sinxelas que as miñas, e tal vez máis adiante acabaredes sabendo escribir historias para nenos, Quen sabe se un día lerei de novo esta historia, escrita por ti que me les pero moito máis bonita ? "
                                                                                                                                               Saramago

Agora tócanos traballar a nós Saramago deunos toda a materia prima que precisamos e agora nós imos pórlle esas verbas sinxelas que el nos pide e imos escribir unha historia para nenos.

Quen era José Saramago ???

José de Sousa Saramago (Naceu en Azinhaga, Santarém, Portugal, 16 de novembro de 1922 e faleceu en Tías, Lanzarote, España, 18 de xuño de 2010) foi un escritor, novelista, poeta,  xornalista e dramaturgo portugués. En 1998 outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura

Aínda que Saramago era bo alumno, non puido finalizar os seus estudos porque os seus pais non podían pagarlle a escola, polo que tivo que empezar a traballar moi xoven.

Desempeñou diferentes traballo: nunha ferrería mecánica, como administrativo, nunha compañía de seguros, como xornalista, como crítico literario, nunha editorial de traductor e a partir de 1969 deixa o traballo e vai vivir só da escritura.

Saramago escribíu ata o fin da súa vida. Escribíu novelas, relatos, biografías, poesía, teatro e unha guía turística "Viagem a Portugal"


.

martes, 27 de xaneiro de 2015

                                            OS NOSOS TRABALLOS: "O RACISMO"
Imos mostrarvos algúns power-point feitos polos alumnos e alumnas de 6º para a exposición dos seus traballos sobre "O Racismo" desexamos que vos gusten.