Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias Sociais 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencias Sociais 6º. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de marzo de 2017




ESCOMENZAMOS UNHA NOVA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN E COÑECEMENTO

TÓCANOS INVESTIGAR SOBRE EUROPA, teremos que buscar información, realizar un resumo da mesma, preparar unha exposición oral sobre o investigado e por último presentarnos un mapa conceptual do tema para o seu estudo.

 LEMBRA O PROCESO DE TRABALLO:
·         Traballaremos agrupados cos mesmos grupos da aprendizaxe cooperativa, na que xa temos designados o  coordinador/a, o/a portavoz e o secretario/a.

·         O segundo paso será buscar en diferentes soportes(libro de texto, diccionarios temáticos, ordenador,... información sobre o tema que temos que preparar.

·         Anotaremos o importante no noso caderno de equipo e se fora posíbel nun archivo  Word.

·         SELECCIÓN da información que sexa relevante para elaborar a unidade.

·         ORGANIZACIÓN da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.

·         MONTAXE da información no noso caderno ou nun PowerPoint, con textos, debuxos, fotografías e todo o que sexa necesario.

Lembra que tedes que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.

 ESTRUCTURA DA INVESTIGACIÓN – DÚAS SESIÓNS.
Grupo 1   A poboación de Europa.
Grupo 2  A Unión Europea: Obxectivos, vantaxes, inconvintes para España e Galicia
Grupo 3   A zona euro: Que é? Que países a forman? Cales están en proceso de integración na mesma? Que é o “brexit”? Que país quere irse da UE?
Grupo 4   Historia da UE
Grupo 5   Institucións da UE

Cada grupo realizará con todos os datos un resumo do tema que nos como mestres iremos supervisando ao longo das dúas sesións que teremos para facelo.

Ao remate empregaremos dúas sesións para exponer cada grupo a súa parte e adxuntar os resumos aos nosos cadernos de aula para o seu estudo posterior.

Así que ánimo….e imos pórnos mans á obra!!!

Para rematar a unidade exlicaremos que é unha pirámide de poboación e un gráfico de poboación.

Unha vez rematada a unidade, colgaremos no blogue toda a información.



domingo, 4 de decembro de 2016

OS CLIMAS DE EUROPA


 A maior parte de Europa atópase na zona temperada do hemisferio norte, e unha pequena parte ao norte está dentro da zona fría e ten clima polar.
Nos sistemas montañosos ten clima de montaña, e nas illas Canarias ten clima subtropical.


Observa o seguinte mapa con atención e poderás coñecer as zonas climáticas do continente europeo.


Agora imos estudar un pouquiño de cada clima.

Dentro do clima temperado temos tres variantes: 
  • Atlántico
  • Continental
  • Mediterráneo
Clima atlántico:

Clima continental:

Clima mediterráneo:

Os sistemas montañosos teñen clima de montaña:

Nas Illas Canarias temos clima subtropical:

No norte de Europa está a zona fría que ten clima polar, as súas características son:

Para repasar o estudado pincha no seguinte enlace:



O CAMBIO CLIMÁTICO

O cambio climático é unha alteración do clima, como consecuencia da actividade humana.
O cambio climático da Terra reflíctese e:
            • Aumento da temperatura media.
            • Incremento das chuvias.
            • Diminución dos glaciares.
            • Aumento do nivel do mar.
            • Cambios na duración das estacións.

Que é a capa de ozono?

E o efecto invernadoiro?

Outros problemas ambientais son:
  • A contaminación ambiental
  • A sobreexplotación de recursos.
Como podemos protexer o medio?
         A conservación e protección do medio realízase dende as nosas casas, e logo, amplíase a toda a sociedade, aplicando a regra dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar.
  • Reducir:
  • Reutilizar:
  • Reciclar: