domingo, 10 de xuño de 2018

A IDADE CONTEMPORÁNEA

Iníciase coa REVOLUCIÓN FRANCESA (1789) e chega ata os nosos días.

  • O SÉCULO XIX EN ESPAÑA:

GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808 - 1813)


Enfronta a España, Inglaterra e Portugal contra Francia.

Reinaba CARLOS IV, este deixa o goberno en 

mans de GODOY.




GODOY  permitíu a  entrada dos franceses para conquistar Portugal, pero estes cambian de plans e instauran no trono español a JOSÉ I, irmán de Napoleón.

O 2 de maio de 1808, rebélase o pobo madrileño, iniciándose a GUERRA DA INDEPENDENCIA.


En GALIZA  acontecen as batallas de ELVIÑA (A Coruña, xaneiro de 1809) e PONTESAMPAIO ( 7 ao 9 de xuño de 1809)


Durante a guerra AS CORTES reúnense en Cádiz e elaboran a CONSTITUCIÓN de 1812.

Na que:
  • Os españois son iguais ante a lei.
  • Recoñecen como Rei a FERNANDO VII.
Video guerra da Independencia: 
https://www.youtube.com/watch?v=Cd0BGXycyhM&list=PLs5p5zPAjb23YDiW6w3rP0ez9DhpoA3EH

O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)

FERNANDO VII  regresou a España en 1814, herdou un país dividido, o seu reinado caracterizouse por:
   
- Favorecer ó ABSOLUTISMO herdado e defendido por el, querían derogar a Constitución e as reformas liberais.

En 1820 o coronel del RIEGO na Coruña rebélase contra Fernando VII e obrígano a convertirse en REI CONSTITUCIONAL.

Polo que de 1820 a 1823 (TRIENIO LIBERAL)  vai estar vixente a CONSTITUCIÓN.

Con Fernando VII independízanse moitas COLONIAS AMERICANAS (perdida económica

importante para España), e DERÓGASE A LEI 

SÁLICA, para que puideran gobernar as mulleres.

Os absolutistas non aproban este cambio na lei e van apoiar ao seu irmán CARLOS, o fin do seu

reinado deu paso a unha guerra civil as chamadas GUERRAS CARLISTAS.

A súa morte pasa a reinar a súa filla ISABEL II.


Video reinado de Fernando VII: https://www.youtube.com/watch?v=CnpWfRUluwk

Fontes:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/El_Dos_de_Maig._Defensa_del_Parque_de_Artilleria_de_Montele%C3%B3n%2C_en_Madrid%2C_el_d%C3%ADa_Dos_de_Mayo_de_1808..JPG/1200px-El_Dos_de_Maig._Defensa_del_Parque_de_Artilleria_de_Montele%C3%B3n%2C_en_Madrid%2C_el_d%C3%ADa_Dos_de_Mayo_de_1808..JPG

https://es.slideshare.net/Iolahouses/guerra-da-independencia



https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Ferdinand_VII_of_Spain_%281814%29_by_Goya.jpg/200px-Ferdinand_VII_of_Spain_%281814%29_by_Goya.jpg

 REINADO DE ISABEL II.

Durante os primeiros dez anos reina a súa nai MARIA CRISTINA  e o xeneral ESPARTERO, xa que Isabel II só tiña 3 anos á morte do seu pai.

Foi declarada maior de idade aos 13 anos. O seu reinado foi INESTÁBEL.

Reinará entre 1833 e 1868.

A súa sucesión provoca a PRIMEIRA GUERRA CARLISTA (durou 6 anos) ao final desta guerra consolidouse ISABEL II  como raiña.

SEGUNDA GUERRA CARLISTA de 1847 a 1849.

Casou con Francisco de Asis de Borbón, con quen ten 12 fillos, dos que só viviron seis.

As etapas políticas do reinado de Isabel II:     

  • Década moderada (1844-1854):

                - Constitución de 1845
                - Liberalismo moderado.


  • Bienio Progresista (1854-1856)
                - Pronunciamento de Vicálvaro.
                 

                - Desamortización de Madoz.
                - Lei xeral de ferrocarís.


  • Unionistas e moderados (1856-1868)
                - Unionistas: estabilidade política e prosperidade económica.
                - Moderados.

En 1868 prodúcese unha revolución "A GLORIOSA", acabou coa renuncia de Isabel II que fuxíu a 

FRANCIA onde vivíu ata a súa morte en 1904. Deixou o trono ao seu fillo Afonso XII.



Video reinado de Isabel II: https://www.youtube.com/watch?v=TiZNOB8wHBU


Fontes da información e fotografías:

https://i.pinimg.com/originals/46/f7/4d/46f74d55f615f1bda9a74c1b695519a1.png

http://cmapspublic3.ihmc.us/rid=1J4PF2FDB-1G8CKWT-KB/isabel2.cmap?rid=1J4PF2FDB-1G8CKWT-KB&partName=htmljpeg

https://www.nuevatribuna.es/media/nuevatribuna/images/2014/11/23//2014112313595455483.jpg



SEXENIO DEMOCRÁTICO.

 O SEXENIO DEMOCRÁTICO vai dende 1868 ata 1864.  Esta vai ser unha etapa de gran actividade e inestabilidade política.

Podemos dividilo en tres etapas:                                     

  • Goberno provisional (1868-1871)
  • Reinado de Amadeo de Savoia (1871- 1873)
  • Primeira República (1873-1874)

Imponse un rexime  LIBERAL-PROGRESISTA baseado no SUFRAXIO UNIVERSAL MASCULINO.

Buscouse un novo rei para España, as cortes elixen a AMADEO DE SAVOIA. Este renunciará ao trono en 1873, proclamándose entón a 1ª REPÚBLICA e instaurase neste momento un rexime federal, estes cambios son apoiados polas CLASES POPULARES agardando melloras.

Pero os gobernos republicanos tiveron que facer fronte a un triple desafío bélico:

  • Guerra civil carlista
  • REBELIÓN DOS CANTÓNS territorios que non aceptaban o poder federal.
  • Guerra dos dez anos en Cuba.
  • E as conspiracións militares por parte de Alfonxo XII


Intentaron ampliar o liberalismo e instaurar a democracia pero fracasaron polos crecentes problemas que asolaban o país.

Este sexenio remata coa RESTAURACIÓN BORBÓNICA en 1875, proclamando rei a ALFONSO XII fillo de Isabel II.


Fontes da información e fotografías:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/11001762/helvia/sitio/upload/TEMA_6._EL_SEXENIO_DEMOCRATICO__18681874_.pdf

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Caricatura_etapas_del_sexenio_La_Flaca_1874.jpg/300px-Caricatura_etapas_del_sexenio_La_Flaca_1874.jpg


RESTAURACIÓN BORBÓNICA

Comeza en 1875 coa subida ao trono de ALFONSO XII e remata en 1885. Durante o seu mandato redáctase a Constitución de 1876, rematan as guerras Carlistas e no goberno van facer quendas de xeito pacífico os conservadores (Cánovas) e os liberais (Sagasta) e para que esto fose posíbel o "cacique" de cada lugar amañaba os resultados, realizando así un fraude electoral.
                                                                                     
Estas quendas no goberno veñen dadas polo:
  • Falseamento electoral
  • Compra de votos.
Baixo o seu mandato finalizou a 1ª Guerra de Cuba na que gañou España.

O seu reinado rematou en 1885 a súa morte, morreu estando embarazada a súa muller do futuro Alfonso XIII e foi María Cristina a encargada de ocupar a xefatura do EStado como raiña rexente.

Nos seus anos de rexencia escomenzou a 2ª Guerra de Cuba que rematou gañando o pobo cubano. España perdeu as súas tres últimas colonias de ultramar: Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

En esta etapa cabe destacar como avance democrático o "Sufraxio masculino"

Fontes da información e fotografías:

http://historiaunamirada.blogspot.com/2011/02/brevisimo-resumen-de-la-restauracion.html

https://4.bp.blogspot.com/Jvl8m4bjhiM/WFE6YsYBgpI/AAAAAAAABYY/7a55s18Of2I3_Zg6p3EKP04LU8oPvJQdACLcB/s1600/Alfonso%2BXII.jpg

https://dandiacarb.wordpress.com/tema-15-2-la-edad-contemporanea-siglo-xix-parte-2/







Fonte: https://pabloquintasprimaria.files.wordpress.com/2016/02/espancc83a-no-s-xix.jpg









Ningún comentario:

Publicar un comentario