Benvidos/as ao novo curso que comeza hoxe 10 de setembro na escola Manuel Padín Truiteiro.
O primeiro é desexarvos un bo inicio de curso.
Lembrade que á escola é unha porta aberta ao mundo das sensacións, sentimentos, coñecementos, oportunidades ... para coñecer o mundo, falar e escribir mellor, comunicar e expresar o que sentimos,..., en definitiva para formarnos como persoas.
O obxectivo máis importante que imos perseguir este curso é coñecernos mellor e adquirir coñecementos, hábitos, normas e valores que contribúan a facernos boas persoas.
De nada serve adquirir moitos coñecementos se despois non sabemos vivir en sociedade, se non respectamos aos compañeiros/as, se non valoramos o esforzo e o traballo propio e alleo, se non entendemos que somos diferentes pero ninguén é inferior nin superior, así que todos xuntos imos perseguir ese obxectivo.
De aquí ata xuño imos escribir o mellor libro de experiencias, xogos, traballos, iniciativas e todas as cousas que vaian xurdindo ao longo do curso.
Nós non lle pechamos o libro a nada nin a ninguén, así que dende agora todos a escribir.
Darlle grazas aos vosos pais e nais por escoller a nosa escola.