OS SERES VIVOS
ESTRUCTURA E FUNCIÓNS
Os seres vivos defínense como todo aquilo que:
• Nace.
• Aliméntase.
• Medra.
• Respira.
• Adáptase.
• Reprodúcese.
• Organízase.
• Morre.
• Aliméntase.
• Medra.
• Respira.
• Adáptase.
• Reprodúcese.
• Organízase.
• Morre.
Os seres vivos están formados por células e deben realizar as tres funcións vitais: NUTRICIÓN, RELACIÓN E REPRODUCIÓN.
A CÉLULA É UNHA UNIDADE DE VIDA
ESTRUCTURA DA CÉLULA
Membrana plasmática: é un envoltorio fino e flexible que rodea a célula e sepáraa do medio externo,pero permite un intercambio de materia.
Citoplasma: solución acuosa na que se levan a cabo as relacións metabólicas( procesos químicos que se realizan dentro de la célula).
Orgánulos subcelulares: estructuras subcelulares que desempeñan diferentes funcións dentro da célula: dixiren os alimentos, eliminan os refugallos.
Núcleo: material xenético formado por ácidos nucleicos, ADN.
TIPOS DE CÉLULAS
As células segundo a súa complexidade poden ser:
Procariotas: O material xenético está libre no citoplasma, moi poucos orgánulos, parede ríxida arredor da membrana.
Ex: bacterias.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2a8fbRT0wc8UvhJ6mEwg4-uNNUHfACD7o2fIipR3Jma8CMwfayR5UL-vZy00AbjhytQ9DfMveEHjjAUO94J4RkqoJw5DCZVe3rbRpNHFsL_0YQJtg6KhuPHwOUUXIMckOYD7Rc13KVjU/s200/eucariotidas.jpg)
Eucariotas: material xenético encerrado nun orgánulo, chamado núcleo . Moitos orgánulos, teñen membradas ríxidas e non ríxidas.
Ex: animais e vexetais.
(Neste enlace http://es.slideshare.net/Maricarmentorrecillaabad/tema-1-los-seres-vivos-la-clula tedes a unidade moi completa, sería interesante que o consultarades, está en castelán pero iso non é problema para nós, xa que somos moi respectuosos coas dúas linguas oficiais de Galiza.)