domingo, 2 de abril de 2017

ÍMONOS DE PLANTACIÓN 

O venres día de marzo saímos da escola ás 9,30 da mañá para ir plantar as árbores ao monte comunal do barrio da Devesa.


Foi unha experiencia magnífica, encantounos participar deste proxecto "Repoboar os nosos bosques", escomenzado polo mestre Quico no ano 2007, polo que este ano fai 10 anos que a nosa escola está a colaborar con todas as comunidades de montes do Concello de Soutomaior e co propio Concello que tamén colabora con tod@s nós.

O día estivo moi bo polo que todo resultou xenial!!!! Primeiro fomos á zona de Salgueirón onde plantamos castiñeiros.


E despois fomos ao barrio de Sameán, onde prantamos maceiras pretiño da beira do río, zona que este verán foi arrasada polo incendio que comenzou en Pontesampaio.

Unha vez rematada a plantación, baixamos en autobus cara ó multiusos, onde nos esperanban coa merenda e unha pequena representación sobre como reciclar o lixo e coidar o noso entorno.

Un día para lembrar sempre, grazas de tod@s @s nen@s de 5º e 6º cursos a tod@s os que facedes posíbel  que poidamos aprender deste xeito tan fermoso.