luns, 29 de maio de 2017


Participamos co Concello nunha actividade moi fermosa, cargada de valores e de emotividade. Puidemos comprobar o que é de verdade o esforzo, a loita e a superación persoal na charla que nos deu MARTÍN DE LA PUENTE, tenista en cadeira de rodas, orixinario de Vigo que padece o "Síndrome de Proteus".

Vai ao instituto e xoga ao tenis en cadeira de rodas, deporte que escomenzou como unha afección e que se convertíu para el nunha paixón.
Martín é o mellor tenista de España en cadeira de rodas

A pista de tenis é o seu segundo fogar: 

“Levántome ás 8h; vou ao instituto dende as 9h ata as 14h e 30; como e voume entrenar, tanto na pista como preparación física. Saco boas notas. dánseme ben os estudos e teño claro que os estudos son o primeiro”.

 Aquí vos deixamos a charla que nos deu no Multiusos de Arcade aos nenos do CPI Manuel Padín Truiteiro.
Mil grazas Martín e desexarche dende a nosa escola toda a sorte do mundo.


Escomenzou o terceiro trimestre e esquecémonos un pouco do blogue, non tivemos tempo para mostrarvos as nosas actividades, as unidades feitas, os power-point, actuacións,etc.

Así que agora vai ir todo xuntiño, só queremos que gocedes das nosas publicacións e que pouco a pouco tod@s vaiamos ensinando e aprendendo. Grazas por ser tan pacientes con nós.

Imos alá "Vento en popa a toda vela..."