sábado, 23 de setembro de 2017

O RELEVO DE GALIZA

Xa estamos na pista de saída e toca coñecer Galiza, imos escomenzar polas súas serras, macizos, montes, ríos,...
Aquí vos deixamos o enlace para comprobar os vosos coñecementos despois de estudar; é un xogo moi divertido, no que podedes repasar todos os vosos coñecementos sobre o tema. 
Sorte :-)

xoves, 21 de setembro de 2017

Escomenzamos un novo curso e queremos darvos a benvida ao:

 CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO.

 - Xa que pensastes en nós como escola e escolléstela libremente.

 - Por que deixades nas nosas mans o voso maior tesouro.

 - Por que de seguro que cando o deixástedes por primeira vez na escola, doeuvos a alma, pero xa vedes que non pasou nada todo o contrario entre tod@s tentamos facernos mellores persoas.

 - Nós sabemos deses medos e inseguridades, sabemos o que sentides. Estade tranquilos que aquí, na escola, sabemos coidalos e querelos.

 - Imos tentar que este tempo na escola sexa para eles un tempo cargado de bos recordos e boas ensinanzas para tod@s.

 - Só desexamos que entre tod@s poidamos conseguir que SEXAN FELICES.


luns, 11 de setembro de 2017

Obradoiro de escritura creativa

Escomenza o curso e con el poñemos en marcha o noso taller de escritura.
Llembra o que tantas veces falamos na aula.

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA


COMO  CONVERTIRME NUN BO OU NUN BOA ESCRITORA

Oscar Wilde dicía que para escribir non existen máis que dúas regras fundamentais :

 "Ter algo que dicir e dicilo." 

Asi de simple parece….

O obxectivo principal deste Obradoiro é que vós, os nosos alumnos e alumnas, gocedes do pracer da escritura como expresión e comunicación e  perdádes  o medo a folla en branco.

Tamén buscamos fomentar a vosa creatividade e ademáis traballar aspectos estructurais da Lingua dun xeito lúdico…

Non sei se o conseguiremos pero non perdemos nada por intentalo…

 Asi que ímonos pór a escribir  xa, pero primeiro unhas cantas recomendacións a ter en conta.

OS BOS ESCRITORES E AS BOAS ESCRITORAS….
·         Son Imaxinativos.
·         Len moito.
·         Disfrutan escribindo.
·         Coidan a escritura de frases e parágrafos.
·         Elixen moi ben as palabras que empregan.
·         Empregan recursos expresivos para facer máis atractiva a súa escritura: comparación, personificación….

PASOS A SEGUIR NO PROCESO DE ESCRIBIR (MOI IMPORTANTE)

1.       PLANIFICAR  o que ides escribir: escoller o tema , seleccionar as ideas…consultar fontes (internet, libros…).

2.      Despois facer un BORRADOR, empezar a escribir ideas ou escribir palabras que as recorden.

3.      REVISAR o borrador, é dicir, organizar as ideas que escribimos. Comprobar si sobra ou falta algunha idea e suprimir ou engadir
.
4.      Cando temos revisada a nosa escritura, EDITÁMOLA. E facemos unha última lectura para comprobar que todo está ben. Fíxámonos na ortografía (puntuación, maíuscula…) .

5.      Por último, ESCRIBIMOS definitivamente o texto sen ningún erro.


Así que ánimo, procura non esquecer estes pasos que siguen as persoas que escriben ben: Planificación, Borrador, Revisión e Edición.