luns, 30 de outubro de 2017




 MEDIO FÍSICO DE EUROPA



1. INTRODUCIÓN

 Benvidos a esta nova unidade de investigación e coñecemento.
 Xa coñecemos o noso entorno máis próximo Galiza e España agora toca descubrir Europa o continente do que somos parte.

Imos coñecer primeiro o seu relevo de interior e da costa despois afondaremos no estudo dos océanos, mares, ríos e lagos, é dicir,  a súa hidrografía.

 Así que ánimo….e imos pórnos mans á obra!!!

PROCESO
3.1  Traballaremos agrupados cos mesmos grupos da aprendizaxe cooperativa, na que xa temos designados o  coordinador/a, o/a portavoz e o secretario/a.

3.2   O segundo paso será LER o caderno que vós entregamos sobre o relevo e hidrografía de Europa.

3.3  Seguindo o guión, buscaremos INFORMACIÓN  e anotaremos o importante no noso caderno e se fora posíbel nun archivo  Word.

3.4  SELECCIÓN da información que sexa relevante para elaborar a unidade.

3.5  ORGANIZACIÓN da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.

3.6  MONTAXE da información no noso caderno ou nun PowerPoint, con textos, dibuxos, fotografías e todo o que sexa necesario. 

Lembra que tedes que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.

 TAREFAS –
 1ª sesión.
  Imos comenzar investigando como se estuda o medio físico e que empregamos para facelo.

A Terra pode representarse a través de diferentes formas:
-        Globo terráqueo
-        Imáxenes dende o satélite
-        Fotografías aéreas
-        E con MAPAS

Esta 1ª tarefa vaise centrar nos mapas. E como xa sabedes, existen diferentes tipos de mapas, nós imos indicarvos cales e logo tócavos a vós a buscar información sobre eles.

Tipos de mapas:
-        Físicos
-        Políticos
-        Topográficos
-        Históricos
-        Temáticos
Debedes ter en conta os elementos básicos (simboloxía, escala, título…)
Faremos cinco grupos e cada un encargarase dun apartado.

Cada grupo exporá ó resto do grupo-clase a información sobre os mapas.
 E esta información ten que ser clara, sinxela e entendible por todos..

Unha vez rematada a exposición faremos o resumo para o noso caderno de aula, a materia exposta será tema de estudo.




Ante http de escomenzar veremos o seguinte video preme onde di:  EUROPA:

Estes son algúns enlaces nos que poderedes pór en práctica o estudado:







 ESTRUCTURA DA INVESTIGACIÓN

 Grupo 1    Introdución ao tema

 DEFINE:
·         Relevo interior: Sistemas montañosos, cordillera, serra, montes, macizo, chaira e meseta
·         Relevo da costa: península, golfo, cabo, fiordos, rías e illas
·         Hidrografía: Océano, mar, río, lago, vertente e conca.

 Grupo 2

O relevo interior de Europa: Organización, principais chairas e mesetas, macizos e sistemas montañosos.

 Grupo 3
O relevo da costa: Breve descrición da costa, principais penínsulas, golfos e cabos, fiordos e rías, e illas.
  
Grupo 4
A hidrografía de Europa: Océanos e mares, e lagos europeos.

Grupo 5
Os ríos europeos: Características, e vertentes.

Cada grupo realizará con todos os datos un resumo do tema que nos como mestres iremos supervisando ao longo das tres sesión que teremos para facelo.
Ao remate empregaremos dúas sesión para exponer cada grupo a súa parte e adxuntar os resumos aos nosos cadernos de aula para o seu estudo posterior.

5 . RECURSOS
-Libro de texto
-Libros de consulta
-Mapas físicos
-Páxinas web recomendadas:



-Páxinas web recomendadas para repasar xogando:

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/eurorog1e.html

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-europa/a62b3ad4-afed-4e56-ad45-2c3ac42c0a81

www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404907145/contido/oRelevo/resources/RelevoPaqAct5/RelevoPaqAct5.htm


    
6.CONCLUSIÓN

  Unha vex que rematedes a vosa investigación e antes de dar por concluido o traballo debedes reflexionar acerca do traballo realizado.
  

TRABALLO INDIVIDUAL  E DE AULA:
Visualizaremos os documentos:

-        http://www.slideshare.net/forumgigurrorum/europa-releov-e-ros

-        Unha vez rematadas as exposicións completaremos diferentes mapas mudos de xeito individual e en grupo.

-        Remataremos a unidade:

o   Coa elaboración dun mapa conceptual da mesma.
o   Actividades de comprensión
o   Rondos de preguntas entre os grupos
o   Proba escrita do dado.



martes, 17 de outubro de 2017

luns, 9 de outubro de 2017

ESCRITURA CREATIVA : TAREA Nº1
FECHA DE ENTREGA: lunes 16 de octubre

UNA ANÉCDOTA

      Las anécdotas son breves relatos sobre algún hecho curioso, sorprendente, simpático…

Muchas veces, las anécdotas sirven para conocer algún rasgo especial o curioso de una persona.
Generalmente la anécdota se encuentra basada en hechos reales que suceden en lugares reales y que implican a personas que existen realmente.

Casi siempre es el protagonista de ellos quien las narra luego de vivirlas. Si bien el humor es la estrella de las anécdotas, ya que por supuesto las graciosas son las que más se escuchan y gustan, también pueden abordar hechos trágicos o de terror.

Fuente: https://www.definicionabc.com/comunicacion/anecdota.php

   La propuesta de trabajo para esta unidad es que escribais una anécdota sobre algo curioso o simpático que os tenga pasado o que os tengan contado.




Fuente de imagen: https://img.wikinut.com/img/221dxuxe3wr4cozd/jpeg/0/Pleasure-in-writing.jpeg



  • Literatura: As cantigas.


        Imos comenzar cunha serie de preguntas para poder ter un punto de partida seguro do que precisamos aprender.

                    Que é a literatura?   
          
                      E a literatura galega?  
          
                    E cales son as súas etapas?

ESQUEMA PARA O SEU ESTUDO.-
          Que é a literatura? Provén do termo latino "litterae" que significa letra
        Pode ser definida como o “arte” de crear textos orais ou escritos.

Outras acepcións son:

Arte que emprega como medio de expresión unha lingua.
Conxunto das producións literarias dunha nación, dunha época ou dun xénero
Conxunto de obras que tratan sobre un arte ou unha ciencia.

        A literatura galega é aquela que se escribe en LINGUA GALEGA.

       ETAPAS DA LITERATURA GALEGA:
                               Etapa medieval (XIII-XV)
                               Séculos Escuros (XVI-XVIII)
                               Rexurdimento (XIX)
                               Século XX
                               Século XXI


xoves, 5 de outubro de 2017


COMO SE FORMOU A PENÍNSULA IBÉRICA

Imos ver como se formou a Península Ibérica antes de pasar a coñecer o relevo de España.

https://youtu.be/Lgm77PJPHT0

domingo, 1 de outubro de 2017

A GHEADA E O SESEO



En Galicia como en todas as partes do mundo, a lingua está viva, e cada falante ou grupo de falantes presenta unas características propias. 

Dependendo da zona as costumes varían, pois a fala tamén.

Son as “Variantes xeográficas do Galego”, en Galicia falamos de tres bloques que son:



Nós imos centrar o noso estudo no SESEO  e na GHEADA.

O “seseo” e a gheada” son alteracións do sistema consonántico e:

A gheada e o seseo SI están permitidos na fala.

Moita xente pensa que non, pero si están permitidas estas variantes do galego oralmente, NA ESCRITA NON.


 Despois desta pequena introdución imos tratar de definir:
Que é o seseo?
Que é a gheada?

Imos ver agora estes dous videos e imos comprobar se definimos ben seseo e gheada.

1º  Gheada https://www.youtube.com/watch?v=F3spDJHMDvE

2º  Seseo. https://www.youtube.com/watch?v=UhviDwdN9kY