OS CLIMAS
Escomenzaremos a unidade diferenciando que é o:
- Tempo atmosférico: é o estado da atmosfera nun momento e nun lugar determinado.
Tempo atmosférico = Temperatura + Precipitacións + Vento.
- O Clima dun lugar é o conxunto de TEMPOS ATMOSFÉRICOS que se dan nun lugar ao longo dos anos.
O CLIMA EN EUROPA
Case todo o continente europeo está dentro da zona temperada, e unha pequena parte, dentro da zona fría.
CLIMAS DA ZONA TEMPERADA
Caracterízase polos seus contrastes térmicos durante todo o ano. Diferenciamos:
- Unha estación CÁLIDA. (Verán)
- Unha estación FRÍA. (Inverno)
- Dúas estacións intermedias (Primavera e outono)
Dentro desta zona temos os seguintes climas:
CLIMA CONTINENTAL:
Atopámolo no interior de Europa (Gran Chaira europea), ten ALTAS TEMPERATURAS no VERÁN e uns INVERNOS FRÍOS e SECOS. Escasas precipitacións.
CLIMA OCEÁNICO
Atopámolo nas beiras do Océano Atlántico. Vai dende Noruega ata a costa norte de Portugal. É moi húmido, as temperaturas son moderadas e as precipitacións son abundantes.
CLIMA MEDITERRÁNEO
Dáse no Sur do continente en torno ó Mar Mediterráneo. As temperaturas son suaves con invernos agradables e veráns calorosos. As precipitacións son escasas e irregulares.
CLIMA DESÉRTICO
Dáse nas zonas máis áridas de Almería (deserto de Tabernas), en Fuerteventura, Lanzarote e Gran Canaria. As precipitacións son moi escasas. hai zonas nas que sofren sequías crónicas.
CLIMA SUBTROPICAL
É propio das Illas Canarias, as temperaturas son cálidas (sobre 25ª C) todo o ano. As precipitacións son escasas e irregulares.
CLIMA SEMI-DESÉRTICO
Dáse nalgúns puntos do Sudoeste español e no Sur de Italia. As precipitacións son escasas.
CLIMAS DAS ZONAS FRÍAS
Localízase nos polos e na alta montaña. O frío é intenso ao longo do ano.
Polar: dáse ao norte do CÍRCULO POLAR ÁRTICO.
Frío intenso todo o ano.