martes, 20 de marzo de 2018

OS SECTORES DE PRODUCIÓN

Os sectores de produción, ou sectores económicos, establecen unha clasificación das tarefas ou traballos en función do proceso productivo que os determinan.

Para entender mellor estos sectores do traballo imos velos de un en un.

  • SECTORES DE PRODUCIÓN.
SECTOR PRIMARIO: é o sector que obtén o produto dos recursos naturais para trasformalos en materias primas. 
Son:
- Agricultura.
- Gandería.
- Explotación forestal.
-Minería.
- Pesca.



SECTOR SECUNDARIO: é o sector que engloba a actividade artesanal e a industrial, é dicir, trasforma a materia prima en produto elaborado.

                       
SECTOR TERCIARIO: este sector ofrece servizos á sociedade, ás persoas e ás empresas. 

Abarca dende o comercio máis pequeno ata o Estado. 

Non produce bens. 

A súa labor consiste en proporcionar á sociedade todos os produtos que fabrica a industria.



@s alumn@s de 6º realizaron uns power-point sobre o tema que imos visualizar a continuación e partindo deles elaboraremos a unidade didáctica por grupos de traballo.



domingo, 4 de marzo de 2018

La Eduteca - La función de nutrición





ESCOMENZAMOS UNHA NOVA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN E COÑECEMENTO NA ÁREA DE CIENCIAS NATURAIS.

Polo tanto, BENVIDOS. Tócanos descubrir a NUTRICIÓN HUMANA.

Escomenzaremos investigando sobre os trastornos alimentarios máis coñecidos, lemos primeiro de xeito individual e logo en equipos iremos completando as definicións, para escribir no blogue as definicións correctas.




Imos alá:


“As presións sociais e o constante bombardeo que fan a publicidade e o mundo da moda, fan que o físico sexa unha das preocupacións máis  presentes na actualidade para homes e mulleres. Sen embargo, moitas veces o culto polo corpo pódese ir das mans, causando trastornos alimenticios graves.
A continuación, mostramos o listado que o sitio da revista “Muy interesante” fixo cos 7 males deste tipo que máis afectan á población  mundial e os síntomas con que se poden presentar.”

Que é a ANOREXIA?

Que é a BULIMIA?

Que é a ORTOREXIA?

Que é a VIGOREXIA?

Que é a PERMAREXIA?

Que é a PREGOREXIA?

Que é a MANOREXIA?

Fonte: http://www.biut.cl/belleza-salud/2013/07/10-trastornos-alimenticios/


AGORA QUE XA SABEMOS ALGO MÁIS GUSTARÍAME MOITO QUE FIXERADES UNHA REFLEXIÓN PRIMEIRO INDIVIDUAL E LOGO FAREMOS UNHA POSTA EN COMÚN DOS SEGUINTES TITULARES.

PERO ANTES IDES TENTAR RESPONDER Á SEGUINTE PREGUNTA.

QUE É A GORDOFOBIA? Lembrade primeiro o que significaba “FOBIA”? Pensamos e poñemos as respostas en común.




EU DIGO STOP GORDOFOBIA. Estou gord@. E que?

AGORA IMOS LER  AS SEGUINTES NOVAS, TIRADAS DE DIFERENTES XORNAIS.

“Primeira polémica dos premios Goya. A actriz Itziar Castro, nominada polo seu papel na película «Pieles» de Eduardo Casanova, denunciou á revista «Harpers Baazar» por «gordofobia».”
 Fonte: ABC.es



“RECHAZÁRONME NUN TRABALLO POR GORDA”
É inconstitucional pero ocorre. Halley, unha xoven española auxiliar de enfermería, pasou a criba do curriculum e foi descartada antes da entrevista por ter "uns kilos de máis". A xefa  explicoulle que "non daba o perfil"
Fonte: Cadena Ser



"SEI QUE ESTOU GORDA E NON PRECISO QUE NINGUÉN MO DIGA", a mensaxe viral dunha muller tras ser humillada en plena rúa.

 

“Mentras Shauna Arocho estaba comendo un xeado xunto ó seu marido, un grupo de descoñecidos comenzou a insultala. "Come ese xeado, gorda",  dixéronlle. Tras ser increpada, a muller estadounidense  publico unas redes sociais un claro mensaxe contra aqueles que se ríen dos demais que está dando a volta ao mundo.”

Fonte: A sexta.


“NON É A ALTURA, NIN O PESO, NIN OS MÚSCULOS, NIN A BELEZA QUEN TE FAI UNHA GRAN PERSOA, É O CORAZÓN E A HUMILDADE”   –Anónimo

Nas seguintes páxinas podes atopar información interesante e xogos sobre a unidade. Anímate !!!


TEST A NUTRICIÓN.

Presentación A NUTRICIÓN HUMANA.


ESCOMENZAMOS COA UNIDADE

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN NOS SERES HUMANOS


                       DIXESTIÓN E APARATO DIXESTIVO

v  A DIXESTIÓN é a transformación dos alimentos que tomamos en nutrientes, e lévase a cabo nas seguintes etapas:

-      NA BOCA: os dentes cortan e trituran os alimentos, as GLÁNDULAS SALIBAIS segregan SALIBA que a lingua mestura cos alimentos formando o BOLO ALIMENTICIO.

-      NO ESTÓMAGO: o estómago segrega ZUMES GÁSTRICOS que se mesturan co BOLO ALIMENTICIO formando O QUIMO.

-      NO INTESTINO DELGADO: grazas á BILE (líquido segregado polo fígado) e ao ZUME PANCREÁTICO (segregado polo páncreas), fórmase O QUILO (son os nutrientes).

-      NAS VILOSIDADES DO INTESTINO DELGADO: os nutrientes pasan aos CAPILARES e de aquí ao APARATO CIRCULATORIO, que fai chegar os nutrientes a todo o corpo a través do sangue.

-      NO INTESTINO GROSO: extráeselle a AUGA e fórmanse as FECES que se eliminan polo ANO.

 O APARATO DIXESTIVO ESTÁ FORMADO POR:
 

        TUBO DIXESTIVO: boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso.

GLÁNNDULAS ÁNEXAS: glándulas         salibais, fígado e páncreas.




                                              A RESPIRACIÓN

O APARATO RESPIRATORIO é o encargado de que poidamos respirar.

O APARATO RESPIRATORIO  está formado por:



-      VÍAS RESPIRATORIAS: fosas nasais, farinxe, larinxe, tráquea e bronquios. (Bronquiolos e alveolos)


-      PULMÓNS: están no TÓRAX, separados do abdome polo DIAFRAGMA. Son dous órganos esponxosos formados por BRONQUIOS E ALVEOLOS.

 QUE É A RESPIRACIÓN?  É o proceso polo cal obtemos OSÍXENO para as nosas células. E expulsamos DIÓXIDO DE CARBONO como refugallo.


*      FASES DA RESPIRACIÓN:

INSPIRACIÓN ou ENTRADA DO AIRE:

o   O DIAFRAGMA contráese e entra o aire.

o   Entra na BOCA o unas FOSAS NASAIS.

o   Continúa polas VÍAS RESPIRATORIAS ata os ALVEOLOS, aquí o osíxeno pasa ao sangue e o dióxido de carbono do sangue ao ALVEOLO; a través dos capilares.

A EXPIRACIÓN ou EXPULSIÓN DO AIRE:

o   O diafragma RELÁXASE e os pulmóns DIMINÚEN expulsando o DIÓXIDO DE CARBONO ao exterior. O CO2 sae dos alveolos e percorre as vías respiratorias ata ser expulsado ao exterior.


                                  INSPIRACIÓN                    EXPIRACIÓN



                                             A CIRCULACIÓN

A CIRCULACIÓN  do sangue é o percorrido que esta realiza polo APARATO CIRCULATORIO, impulsada polo CORAZÓN.

O APARATO CIRCULATORIO está formado por:


o   Veas: dos órganos ao corazón.

o   Arterias: do corazón aos órganos.

o   Capilares: conectan as veas coas arterias

o   O CORAZÓN: é un órgano musculoso dividido en dúas partes incomunicadas.

Estas dúas partes a súa vez divídense en outras dúas:


- As superiores chámanse aurículas dereita e esquerda.

- E as inferiores ventrículos dereito e esquerdo.

O SANGUE: é un líquido vermello e viscoso que circula polas veas e as arterias do organismo.

Está composto por:


§  Plasma: transporta os nutrientes e os refugallos.
§  Células sanguíneas:
Ø  Glóbulos vermellos transportan osíxeno e dióxido de carbono.
Ø  Glóbulos brancos son os que nos protexen.
Ø  Plaquetas son as que taponan as feridas.

FUNCIÓNS DO SANGUE:

§  Transportar osíxeno, dióxido de carbono e os refugallos.


§  Defender o noso corpo das infeccións.

COMO SE IMPULSA O SANGUE? O corazón realiza un movemento rítmico
chamado LATEXO CARDÍACO que é o que impulsa o sangue.

Este movemento do corazón realízase en dúas fases:

o   O corazón dilátase e o sangue pasa as aurículas. Despois ábrense as válvulas e o sangue pasa aos ventrículos. Chámase DIÁSTOLE.

o   O corazón contráese e o sangue sae dos ventrículos. Chámase SÍSTOLE.

O PERCORRIDO DO SANGUE; realízase en dous circuítos:

-      CIRCUÍTO PULMONAR: o sangue que recolleu os REFUGALLOS e os NUTRIENTES entra pola VEA CAVA á AURÍCULA DEREITA e pasa ao VENTRÍCULO DEREITO sae pola ARTERIA PULMONAR e vai aos PULMÓNS.

Nos ALVEÓLOS PULMONARES  deixa o dióxido de carbono e recolle osíxeno. Sae a través das VEAS PULMONARES o sangue rico en nutrientes e osíxeno e chega á AURÍCULA ESQUERDA. Os capilares están conectados ás veas que chegan ata a vea cava, e volve escomenzar o percorrido pulmonar.


-      CIRCUÍTO XERAL: o sangue rico en osíxeno e nutrientes pasa da AURÍCULA ESQUERDA ao VENTRÍCULO ESQUERDO e de aquí á ARTERIA AORTA, esta ramifícase en outras arteris e estas outras en capilares que reparten o sangue osixenado e rico en nutrientes por todos os órganos, e recollen os refugallos.
-      E volve empezar o percorrido.

Nestes enlaces tes información moi interesante sobre o APARATO CIRCULATORIO:


O APARATO CIRCULATORIO

                                                           A EXCRECIÓN

A EXCRECIÓN consiste na eliminación das substancias de refugallo que producen as células do noso corpo.

O aparato excretor é o encargado de expulsar estas substancias ao exterior do noso organismo.

O aparato excretor está formado polas glándulas sudoríparas da pel e o sistema urinario.

SISTEMA URINARIO

    RILES: son os encargados de FILTRAR O SANGUE para retirar as substancias de REFUGALLO 
      e forman a URINA.
           VÍAS URINARIAS: SON OS conductos polos que se URINA. Son os URÉTERES, VEXIGA URINARIA E URETRA.


 COMO SE PRODUCE A EXCRECIÓN NO SISTEMA URINARIO???

1º O sangue chega aos RILES  a través das ARTERIAS RENAIS.

2º No RIL fíltrase o sangue quedando LIMPO.

3º Ese SANGUE LIMPO volve ao corpo polas VEAS RENAIS.

4º Nos RILES os refugallos mestúranse con AUGA formando a URINA. Sae do RIL polos URÉTERES ata a VEXIGA URINARIA.

5º Cando a vexiga está chea expulsámola a través da URETRA.

A EXCRECIÓN NA PEL. 

A PEL componse de tres capas: a epiderme, a derme e a hipoderme.


  A epiderme é a capa exterior da pel.


A derme é a capa situada entre a epiderme e a hipoderme.


A hipoderme é a capa interna da pel.


Fonte imaxe: https://www.google.es/search?rlz=1C1AVFC_enES765ES765&biw=1517&bih=681&tbm=isch&sa=1&ei=yJylWrTEGamHgAbfxoGoDQ&q=LA+PIEL&oq=LA+PIEL&gs_l=psy-ab.3...2285.2285.0.2587.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0....0...1c.1.64.psy-ab..0.0.0....0.gr2Kp1F1-lw#imgrc=p-Tom3khdPRDqM:


A EXCRECIÓN NA PEL: a través das glándulas sudoríparas expulsamos a suor do seguinte xeito:

1º A cada GLÁNDULA chega sangue cargado de REFUGALLOS.

2º Estas filtran o SANGUE, extraen os REFUGALLOS e expúlsanos ao exterior en forma de SUOR.

3º O sangue limpo volve circular.

Video moi interesante, verémolo ao rematar a explicación da unidade: