- Iso tamén pero é máis cousas. A que si mestre???? Tamén pode ser a PAZ persoal, estar en paz cun mesmo. Iso é difícil.
- Ou estar en PAZ na escola, é importante non pelexar nos recreos, ou cando traballamos no equipo chegar a un acordo sen enfadarnos e sen insultar, porque ás veces ... Vou calar para que haxa PAZ.
- A paz é un valor, eu seino.
Mil respostas válidas d@s nos@s nen@s para definir PAZ, tod@s saben o que é, e tod@s saben o difícil que é acadala.
Hoxe cantamos pola PAZ, enviamos mensaxes cheas de esperanza e tamén corazóns cargados de AMOR e bos sentimentos, desexando poder cumprilos.
Nen@s de 5º e 6º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario