ESCOMENZAMOS UNHA NOVA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN E COÑECEMENTO
TÓCANOS INVESTIGAR
SOBRE EUROPA, teremos que buscar información, realizar un resumo da mesma,
preparar unha exposición oral sobre o investigado e por último presentarnos un
mapa conceptual do tema para o seu estudo.
LEMBRA O PROCESO
DE TRABALLO:
·
Traballaremos
agrupados cos mesmos grupos da aprendizaxe cooperativa, na que xa temos
designados o coordinador/a, o/a portavoz
e o secretario/a.
·
O segundo
paso será buscar en diferentes soportes(libro de texto, diccionarios temáticos,
ordenador,... información sobre o tema que temos que preparar.
·
Anotaremos
o importante no noso caderno de equipo e se fora posíbel nun archivo Word.
·
SELECCIÓN
da información que sexa relevante para elaborar a unidade.
·
ORGANIZACIÓN
da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.
·
MONTAXE
da información no noso caderno ou nun PowerPoint, con textos, debuxos,
fotografías e todo o que sexa necesario.
Lembra que tedes
que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.
ESTRUCTURA DA INVESTIGACIÓN – DÚAS SESIÓNS.
Grupo 1 A poboación de Europa.
Grupo 2
A Unión Europea: Obxectivos, vantaxes, inconvintes para España e Galicia
Grupo 3
A zona euro: Que é? Que países a
forman? Cales están en proceso de integración na mesma? Que é o “brexit”? Que
país quere irse da UE?
Grupo 4 Historia da UE
Grupo 5 Institucións da UE
Cada grupo
realizará con todos os datos un resumo do tema que nos como mestres iremos
supervisando ao longo das dúas sesións que teremos para facelo.
Ao remate
empregaremos dúas sesións para exponer cada grupo a súa parte e adxuntar os
resumos aos nosos cadernos de aula para o seu estudo posterior.
Así que ánimo….e imos pórnos mans á obra!!!
Para rematar a
unidade exlicaremos que é unha pirámide de poboación e un gráfico de poboación.
Unha vez rematada a unidade, colgaremos no blogue toda a información.