AS NOSAS LENDAS
Neste mes de marzo estamos a traballar "As nosas lendas", como tod@s sabemos Galiza é terra de lendas, as lendas difúndense coma rumores, aínda que na actualidade xa non tanto, @s nen@s non se lle contan tantos contos, lendas como se facía antes, hoxe en día o tempo ocúpase en outras cousas que fan que se perda parte da nosa cultura, parte da nosa tradición,... e polo tanto parte da nosa terra. Unha ferida máis que se abre.
Pero por sorte @s alumn@s de 6º curso do CPI Manuel Padín Truiteiro, imos tentar recuperar algunha das lendas máis coñecidas polo noso entorno.
Esta primeira que imos ver e escoitar esta recollida por Laura Pérez a intrépida reporteira de 6ºB, é unha lenda que nos fala de Pedro Madruga, personaxe que habitou o castelo de Soutomaior alá pola Idade Media.
Tod@s moi atentos, escoitade con atención. Merece a pena!!!!
Neste enlace tamén podedes ler e escoitar un montón de lendas de Galiza, é unha páxina ben fermosa e interesante, aquí vola deixamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario