venres, 8 de decembro de 2017

HOMENAXE A LÚA

TAREFA  ESCRITURA CREATIVA .  DATA ENTREGA 18 de decembro.

       A semana pasada tivo lugar un acontecemento astronómico que non  volverá a repetirse, según
      din os astrónomos, ata o 25 de novembro do 2034 e non será ata decembro do ano 2052 
      cando se acade a   máxima Superlúa.

      Pois ben un acontecemento deste tipo ben merece que lle adiquemos unha das nosas
      composicións escritas.


        Dende sempre a beleza da  Lúa exerceu unha especial atracción sobre o ser humán.

        Moitos artistas inspiráronse con ela : músicos como Debussy e a súa composición
        "Claro de Luna”, Beethoven e a súa “ Sonata Claro de Luna”, Borges adicoulle uns fermosos                  poemas sobre a  Lúa a súa esposa, Asimov e o seu libro “La tragedia de la Luna”,   
          ou un visionario escritor, Julio Verne, coa súa novela “ De la Tierra a la Luna”.

       Do que non hai ninguna dúbida é que a Lúa seguirá presidindo as nosas noites e os nosos soños…           por iso para está semana quero que a Lúa sexa a vosa fonte de inspiración dun poema, dun 
      texto narrativo, dunha carta….do que vós prefirades….


                           Así que a inspirarse observando a Lúa nas noites de ceo claro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario