mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A data do 24 de febreiro é o día de Rosalía, co gallo da conmemeración do nacemento da poeta. A asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, propóñennos que agasallemos neste día un libro en galego.

Como nós somos pequenos e non podemos mercar un libro, queremos agasallar aos nosos pais, cun poema de Rosalía que escollemos para eles.
Neste pequeno video podedes ver o noso traballo.
1º Informámonos de quen era Rosalía, cales son os seus libros...
2º Lemos e escollemos un poema. (Cada quen escolleu o que máis lle gustou)
3º Explicámoslle aos papis o porque do "Día de Rosalía"
4ºEscribemos o poema e decorámolo
5º Fixemos os sobres e hoxe 24 de febreiro levamos o noso agasallo á casa, desexando que lles guste moitísimo.

Bicos e apertas para todos e sobre todo FELIZ DÍA DE ROSALÍA, ogalla se agasallen moitos libros en galego pero non só hoxe, SEMPRE.


luns, 15 de febreiro de 2016

Na nosa escola traballamos todos os días: A PAZ, A SOLIDARIEDADE, A AMIZADE, O RESPECTO, A TOLERANCIA, A LIBERDADE, A COOPERACIÓN ...

Hoxe, 30 de xaneiro "Día da Paz", conmemórase a morte do lider hindú, Mahatma Gandhi,, asasinado a tiros  o 30 de xaneiro de 1948.

Celebramos nesta xornada o "Día Escolar da Non-Violencia e da Paz". Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos mestres/as polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que " O amos é mellor que o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a PAZ mellor que a guerra" (Lorenzo Vidal, 1972)

Ímosvos ensinar neste pequeno video os nosos traballos para este día:
1º  Por equipos escollemos unha persoa das premiadas co Nobel da Paz.
2º Buscamos nos ordenadores da aula información sobre a persoa escollida
3º Preparamos a información: selecionamos contidos, resumimos e elaboramos o texto
4º Realizamos un retrato do premiado, unha en cor e outra en grises e negros
5º Montamos os nosos traballamos para expoñer
6º Expoñémolos na aula e cada grupo explica o seu, contándonos o máis salientábel da persoa escollida.

Desexamos que vos gusten.




luns, 11 de xaneiro de 2016

XA CHEGA O SAMAÍN

Un ano máis na nosa escola imos celebralo Samaín, festa de orixe celta, que nós encanta celebrar colaborando co EDL do noso centro.

Este ano tiñamos que ser enxeniosos, creativos, únicos... e todas esas cousas.

Así que ímosvos ensinar nesta pequena montaxe todas as cabazas que preparamos, os debuxos que fixemos e as poesías que escribimos. Desexamos que vós encanten e sobre todo que vós dean moito moito moito MEDOOOOOOOOOOOOOOOOOO.


mércores, 23 de decembro de 2015

NON MÁIS VIOLENCIA

Durante o mes de novembro traballamos na aula " A violencia de xénero"
Escoitamos cancións, visionamos curtos, e lemos artigos sobre o tema. Realizamos unha unidade didáctica sobre a violencia de xénero, xa que debemos concienciarnos e asegurarnos de deter todas as atrocidades que se comenten en contra das mulleres na maioría dos casos.
Nós somos nenos e nenas de 10 anos, pero dende xa, temos que traballar para que estas cousas non acontezan, NUNCA MÁIS.
Deixámosvos un pequeno video con algúns dos nosos traballos, pero o máis importante é que hoxe sabemos un pouco máis. Bicos a milleiros.










mércores, 18 de novembro de 2015


Francesco Tonucci: pensador, psicopedagogo e debuxante italiano. 

Eu coido que a escola debe ser un lugar marabilloso para falar, traballar, colaborar, coñecerse, reflexionar, construír, aprender e ensinar. E moitas máis cousas que poidamos imaxinar.

Mirade este pequeno vídeo sobre a historia de Luisa, a avoa de Frato ( Francesco Tonucci) e daquela... podemos empezar a dicir: Que escola queremos para os nosos/as nenos/as ?




xoves, 15 de outubro de 2015

OS ALUMNOS DE 5º A

Queremos que a nosa clase sexa un lugar onde cada un de nós sexa feliz. Ninguén é diferente, soio temos xeitos distintos de aprender.