venres, 14 de outubro de 2016

OS SERES VIVOS


ESTRUCTURA E FUNCIÓNS

 Os seres vivos defínense como todo aquilo que:
• Nace.
• Aliméntase.
• Medra.
• Respira.
• Adáptase.
• Reprodúcese.
• Organízase.
• Morre.
Os seres vivos están formados por células e deben realizar as tres funcións vitais: NUTRICIÓN, RELACIÓN E REPRODUCIÓN.


A CÉLULA É UNHA UNIDADE DE VIDA

ESTRUCTURA DA CÉLULA

Membrana plasmática: é un envoltorio fino e flexible que rodea a célula e sepáraa do medio externo,pero permite un intercambio de materia.
Citoplasma:  solución acuosa na que se levan a cabo as relacións metabólicas( procesos químicos que se realizan dentro de la célula).
Orgánulos subcelulares: estructuras subcelulares que desempeñan diferentes funcións dentro da célula: dixiren os alimentos, eliminan os refugallos.
Núcleo: material xenético formado por ácidos nucleicos, ADN.

TIPOS DE CÉLULAS
As células segundo a súa complexidade poden ser:

Procariotas: O material xenético está libre no citoplasma, moi poucos orgánulos, parede ríxida arredor da membrana.
Ex: bacterias.




Eucariotas: material xenético encerrado nun orgánulo, chamado núcleo . Moitos orgánulos, teñen membradas ríxidas e non ríxidas.
Ex: animais e vexetais.


(Neste enlace http://es.slideshare.net/Maricarmentorrecillaabad/tema-1-los-seres-vivos-la-clula tedes a unidade moi completa, sería interesante que o consultarades, está en castelán pero iso non é problema para nós, xa que somos moi respectuosos coas dúas linguas oficiais de Galiza.)

mércores, 5 de outubro de 2016

O RELEVO DE ESPAÑA

Imos repasar con estes xogos interactivos as serras, as costas e os ríos do territorio español, ánimo e a aprender xogando.

venres, 15 de abril de 2016

TAREFA SOCIAIS

A IDADE MEDIA

Imos coñecer as cinco catedrais galegas para adentrarnos con elas na IDADE MEDIA e no ARTE ROMÁNICO.
Para escomenzar o tema e realizar a nosa tarefa faremos o seguinte:
1º Lectura compartida do texto " Historia de Galicia" (Baía edicións) (páx. 40 á páx. 46)
2º Realizamos a visita virtual ás catedrais galegas no enlace: 
                               http://www.turismo.gal/as-cinco-catedrais?langId=es_ES
3º Agora cada equipo escollera unha das catedrais e escomenzamos o traballo escrito:
             - Búsqueda e recopilación de información na rede, libros, enciclopedias...
             - Organizamos a información.
             - Pasamos a papel toda a información escollemos o soporte ( cartolina, folio DIN A-3...) 
             - Expoñemos os nosos traballos: 1º oralmente explicándolle aos demais todo o que sabemos e despois faremos unha exposición no corredor.


Catedral de Ourense

venres, 1 de abril de 2016

Escomenzamos o 3º trimestre con moitas ganas e ilusión, non pode ser doutro xeito.
Mañá 2 de abril é o día do autismo e dende a nosa clase queremos lembrarnos de todas as personas que se ven afectadas por este trastorno. Un xeito de solidarizarnos é poñendo globos azuis nas nosas portas, balcóns, ventás... para que todo o mundo sepa que respectamos a diversidade e que nos gustaría que todas as persoas do mundo gocen dos mesmos dereitos.

FELIZ FIN DE SEMANA A TODAS AS PERSOAS DO MUNDO.




"Somos Olga Lalín e Seso Durán, profesores de ensino secundario e pais de Manuel, un pequeno de sete anos que ten autismo. 
O 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre este trastorno e cada ano publicamos un video "Alí estarei" ( en youtube ) como aportación para darlle visibilidade. 
Agradecemos a súa difusión "

martes, 8 de marzo de 2016

Ola:
Aquí estamos de novo para contarvos a saída tan interesante, lúdica e instrutiva. Encantounos !!!!!!!
Saímos do cole cara a Santiago de Compostela, ao chegar visitamos a catedral, parecéunos espectacular, unha verdadeira obra de arte, única no mundo.
Logo fixemos un pequeno roteiro pola zona vella da cidade e por último fomos ao Museo do Pobo Galego.
Fixéronnos un xogo de pistas fantástico que nos levou por todas as salas do museo, tiñamos que respostar preguntas, buscar pezas de cerámica, instrumentos musicais ... Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas. O tempo pasou nun tris, cando nos demos conta xa era case a hora de volver para a escola, tomamos as nosas merendas e de volta para o Manuel Padín Truiteiro.
Foi unha saída magnífica polo que lle damos as grazas ao mestre Quico por organizárnola tan ben.
MOITAS GRAZAS MESTRE QUICO


mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A data do 24 de febreiro é o día de Rosalía, co gallo da conmemeración do nacemento da poeta. A asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, propóñennos que agasallemos neste día un libro en galego.

Como nós somos pequenos e non podemos mercar un libro, queremos agasallar aos nosos pais, cun poema de Rosalía que escollemos para eles.
Neste pequeno video podedes ver o noso traballo.
1º Informámonos de quen era Rosalía, cales son os seus libros...
2º Lemos e escollemos un poema. (Cada quen escolleu o que máis lle gustou)
3º Explicámoslle aos papis o porque do "Día de Rosalía"
4ºEscribemos o poema e decorámolo
5º Fixemos os sobres e hoxe 24 de febreiro levamos o noso agasallo á casa, desexando que lles guste moitísimo.

Bicos e apertas para todos e sobre todo FELIZ DÍA DE ROSALÍA, ogalla se agasallen moitos libros en galego pero non só hoxe, SEMPRE.