Benvidos/as ao novo curso que comeza hoxe 10 de setembro na escola Manuel Padín Truiteiro.
O primeiro é desexarvos un bo inicio de curso.
Lembrade que á escola é unha porta aberta ao mundo das sensacións, sentimentos, coñecementos, oportunidades ... para coñecer o mundo, falar e escribir mellor, comunicar e expresar o que sentimos,..., en definitiva para formarnos como persoas.
O obxectivo máis importante que imos perseguir este curso é coñecernos mellor e adquirir coñecementos, hábitos, normas e valores que contribúan a facernos boas persoas.
De nada serve adquirir moitos coñecementos se despois non sabemos vivir en sociedade, se non respectamos aos compañeiros/as, se non valoramos o esforzo e o traballo propio e alleo, se non entendemos que somos diferentes pero ninguén é inferior nin superior, así que todos xuntos imos perseguir ese obxectivo.
De aquí ata xuño imos escribir o mellor libro de experiencias, xogos, traballos, iniciativas e todas as cousas que vaian xurdindo ao longo do curso.
Nós non lle pechamos o libro a nada nin a ninguén, así que dende agora todos a escribir.
Darlle grazas aos vosos pais e nais por escoller a nosa escola.
"O ensino debe facer sentir aos alumnos que aquilo que se lles ensina é fermoso e non unha amarga obrigación" Albert Einstein
mércores, 9 de setembro de 2015
xoves, 9 de abril de 2015
domingo, 1 de marzo de 2015
O venres 27 de febreiro a comunidade de monte da XESTEIRA, convidounos a plantar no seu monte do Puntal 350 castiñeiros e carballos.
O mestre Quico encargouse de organizar todo xunto cos comuneiros da Xesteira.
Organización perfecta.
Saímos da nosa escola cara ás 9,30 para chegar ao monte antes das 10 e poñernos mans á obra. Alí nos estaban esperando: Teresa, Marcos, Rosa, Cristina, Manuel, Verónica, Carlos Seoane e Carlos Vilán. Nos iamos cargados de ilusión e de ganas de facelo ben e desexamos que así fora.
Dende a nosa escola darlle as GRAZAS con maiúsculas á COMUNIDADE DE MONTES DA XESTEIRA, por deixarnos formar parte desta experiencia marabillosa e tan enriquecedora para a nosa formación, e como non ao mestre Quico que sempre nos organiza actividades tan fermosas e cargadas de aprendizaxes e valores, e as nosas mestras Paula e Berta que nos acompañaron e que tamén traballaron arreo, sen todos nada disto sería posible.

Música do video de Milladoiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)