mércores, 18 de novembro de 2015


Francesco Tonucci: pensador, psicopedagogo e debuxante italiano. 

Eu coido que a escola debe ser un lugar marabilloso para falar, traballar, colaborar, coñecerse, reflexionar, construír, aprender e ensinar. E moitas máis cousas que poidamos imaxinar.

Mirade este pequeno vídeo sobre a historia de Luisa, a avoa de Frato ( Francesco Tonucci) e daquela... podemos empezar a dicir: Que escola queremos para os nosos/as nenos/as ?




xoves, 15 de outubro de 2015

OS ALUMNOS DE 5º A

Queremos que a nosa clase sexa un lugar onde cada un de nós sexa feliz. Ninguén é diferente, soio temos xeitos distintos de aprender.

mércores, 9 de setembro de 2015

BENVIDOS/AS AO CURSO 2015 - 2016

Benvidos/as ao novo curso que comeza hoxe 10 de setembro na escola Manuel Padín Truiteiro.

O primeiro é  desexarvos un bo inicio de curso.

 Lembrade que á escola é unha porta aberta ao mundo das sensacións, sentimentos, coñecementos, oportunidades ... para coñecer o mundo, falar e escribir mellor, comunicar e expresar o que sentimos,..., en definitiva para formarnos como persoas.

O obxectivo máis importante que imos perseguir este curso é coñecernos mellor e adquirir coñecementos, hábitos, normas e valores que contribúan a facernos boas persoas.


De nada serve adquirir moitos coñecementos se despois non sabemos vivir en sociedade, se non respectamos aos compañeiros/as, se non valoramos o esforzo e o traballo propio e alleo, se non entendemos que somos diferentes pero ninguén é inferior nin superior, así que todos xuntos imos perseguir ese obxectivo.

De aquí ata xuño imos escribir o mellor libro de experiencias, xogos, traballos, iniciativas e todas as cousas que vaian xurdindo ao longo do curso.

Nós non lle pechamos o libro a nada nin a ninguén, así que dende agora todos a escribir.


Darlle grazas aos vosos pais e nais por escoller a nosa escola.

venres, 15 de maio de 2015

xoves, 23 de abril de 2015