FESTIVAL LETRAS GALEGAS. MANUEL MARÍA
"O ensino debe facer sentir aos alumnos que aquilo que se lles ensina é fermoso e non unha amarga obrigación" Albert Einstein
mércores, 21 de setembro de 2016
venres, 15 de abril de 2016
TAREFA SOCIAIS
A IDADE MEDIA
Imos coñecer as cinco catedrais galegas para adentrarnos con elas na IDADE MEDIA e no ARTE ROMÁNICO.
Para escomenzar o tema e realizar a nosa tarefa faremos o seguinte:
1º Lectura compartida do texto " Historia de Galicia" (Baía edicións) (páx. 40 á páx. 46)
2º Realizamos a visita virtual ás catedrais galegas no enlace:
http://www.turismo.gal/as-cinco-catedrais?langId=es_ES
3º Agora cada equipo escollera unha das catedrais e escomenzamos o traballo escrito:
- Búsqueda e recopilación de información na rede, libros, enciclopedias...
- Organizamos a información.
- Pasamos a papel toda a información escollemos o soporte ( cartolina, folio DIN A-3...)
- Expoñemos os nosos traballos: 1º oralmente explicándolle aos demais todo o que sabemos e despois faremos unha exposición no corredor.
Catedral de Ourense
venres, 1 de abril de 2016
Escomenzamos o 3º trimestre con moitas ganas e ilusión, non pode ser doutro xeito.
Mañá 2 de abril é o día do autismo e dende a nosa clase queremos lembrarnos de todas as personas que se ven afectadas por este trastorno. Un xeito de solidarizarnos é poñendo globos azuis nas nosas portas, balcóns, ventás... para que todo o mundo sepa que respectamos a diversidade e que nos gustaría que todas as persoas do mundo gocen dos mesmos dereitos.
"Somos Olga Lalín e Seso Durán, profesores de ensino secundario e pais de Manuel, un pequeno de sete anos que ten autismo.
O 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre este trastorno e cada ano publicamos un video "Alí estarei" ( en youtube ) como aportación para darlle visibilidade.
Agradecemos a súa difusión "
Mañá 2 de abril é o día do autismo e dende a nosa clase queremos lembrarnos de todas as personas que se ven afectadas por este trastorno. Un xeito de solidarizarnos é poñendo globos azuis nas nosas portas, balcóns, ventás... para que todo o mundo sepa que respectamos a diversidade e que nos gustaría que todas as persoas do mundo gocen dos mesmos dereitos.
FELIZ FIN DE SEMANA A TODAS AS PERSOAS DO MUNDO.
O 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre este trastorno e cada ano publicamos un video "Alí estarei" ( en youtube ) como aportación para darlle visibilidade.
Agradecemos a súa difusión "
martes, 8 de marzo de 2016
Ola:
Aquí estamos de novo para contarvos a saída tan interesante, lúdica e instrutiva. Encantounos !!!!!!!
Saímos do cole cara a Santiago de Compostela, ao chegar visitamos a catedral, parecéunos espectacular, unha verdadeira obra de arte, única no mundo.
Logo fixemos un pequeno roteiro pola zona vella da cidade e por último fomos ao Museo do Pobo Galego.
Fixéronnos un xogo de pistas fantástico que nos levou por todas as salas do museo, tiñamos que respostar preguntas, buscar pezas de cerámica, instrumentos musicais ... Foi moi divertido e aprendemos moitas cousas. O tempo pasou nun tris, cando nos demos conta xa era case a hora de volver para a escola, tomamos as nosas merendas e de volta para o Manuel Padín Truiteiro.
Foi unha saída magnífica polo que lle damos as grazas ao mestre Quico por organizárnola tan ben.

MOITAS GRAZAS MESTRE QUICO
mércores, 24 de febreiro de 2016
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
A data do 24 de febreiro é o día de Rosalía, co gallo da conmemeración do nacemento da poeta. A asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega, propóñennos que agasallemos neste día un libro en galego.
Como nós somos pequenos e non podemos mercar un libro, queremos agasallar aos nosos pais, cun poema de Rosalía que escollemos para eles.
Neste pequeno video podedes ver o noso traballo.
1º Informámonos de quen era Rosalía, cales son os seus libros...
2º Lemos e escollemos un poema. (Cada quen escolleu o que máis lle gustou)
3º Explicámoslle aos papis o porque do "Día de Rosalía"
4ºEscribemos o poema e decorámolo
5º Fixemos os sobres e hoxe 24 de febreiro levamos o noso agasallo á casa, desexando que lles guste moitísimo.
Bicos e apertas para todos e sobre todo FELIZ DÍA DE ROSALÍA, ogalla se agasallen moitos libros en galego pero non só hoxe, SEMPRE.

luns, 15 de febreiro de 2016
Na nosa escola traballamos todos os días: A PAZ, A SOLIDARIEDADE, A AMIZADE, O RESPECTO, A TOLERANCIA, A LIBERDADE, A COOPERACIÓN ...
Hoxe, 30 de xaneiro "Día da Paz", conmemórase a morte do lider hindú, Mahatma Gandhi,, asasinado a tiros o 30 de xaneiro de 1948.Celebramos nesta xornada o "Día Escolar da Non-Violencia e da Paz". Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos mestres/as polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que " O amos é mellor que o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a PAZ mellor que a guerra" (Lorenzo Vidal, 1972)
Ímosvos ensinar neste pequeno video os nosos traballos para este día:
1º Por equipos escollemos unha persoa das premiadas co Nobel da Paz.
2º Buscamos nos ordenadores da aula información sobre a persoa escollida
3º Preparamos a información: selecionamos contidos, resumimos e elaboramos o texto
4º Realizamos un retrato do premiado, unha en cor e outra en grises e negros
5º Montamos os nosos traballamos para expoñer
6º Expoñémolos na aula e cada grupo explica o seu, contándonos o máis salientábel da persoa escollida.
Desexamos que vos gusten.
venres, 12 de febreiro de 2016
REPASAMOS ORTOGRAFÍA
O USO DA B E DA V
Pica neste enlace e practica o uso da B.
Pica neste enlace e practica o uso da V
Xa verás que divertido.
Pica neste enlace e practica o uso da V
Xa verás que divertido.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)