mércores, 29 de novembro de 2017


OS ANIMAIS

Como son os animais?

Son seres vivos pluricelulares, con tecidos e con nutrición heterótrofa.

Os animais comparten características como:

  • Simetría: dúas metades iguais (lado dereito e lado esquerdo) separados por un eixo de simetría.

  • Organización corporal: agás as esponxas, os animais teñen unha organización corporal complexa con órganos, tecidos e aparatos para realizar as funcións vitais.

  • Teñen unha función de relación moi desenvolvida através dos seus órganos dos sentidos.

A clasificación máis habitual e segundo teñan esquelete interno ou non.

Podemos diferenciar:

  • Vertebrados: Teñen un esquelete interno duro con columna vertebral. Teñen cabeza, tronco a maioría ten cola e extremidades. As serpes non teñen extremidades. Poden ser ovíparos ou vivíparos.

  • Invertebrados: non teñen esquelete interno, nin columna vertebral. Algúns teñen cuncha (caracol) e cabeza diferenciada outros non. Todos son ovíparos.

VERTEBRADOS


A súa clasificación é:

MAMÍFEROS
  
Caracterízanse por ter as femias mamas que producen leite para alimentar as súas crías.

Adoitan ter o corpo cuberto de PELO. No seu corpo podemos distinguir:

-         Cabeza
-         Tronco, remata ás veces nunha cola.
-         Extremidades adoitan ter catro patas agás o golfiño e a balea.

Os mamíferos toman osíxeno do aire a través dos pulmóns, case todos son vivíparos excepto o ornitorrinco e o equidna.

TIPOS DE MAMÍFEROS:

MONOTREMAS

Poñen ovos pero as súas nais producen leite.  Son: Ornitorrinco e equidna. Son os únicos mamíferos que teñen reprodución ovípara.

 ORNITORRINCO
Viven nos lagos e ríos de Australia e Tasmania.

 É un animal excavador, constrúe nas beiras dos ríos as súas madrigueras.


EQUIDNA

Hibernan enterrados baixo terra, son lonxevos, poden vivir ata 50 anos.

Son animais moi tranquilos e nocturnos.




MARSUPIAIS

Son vivíparos, as súas crías ao nacer introdúcense nunha bolsa de pel da nai (Marsupio)

Son: canguros, koalas, demo de Tasmania, Ualabí, lobo marsupial, zarigüeia.



 As diferencias entre canguro e ualabí son:

O canguro é máis grande, as patas do canguro son máis longas.

Os canguros viven máis tempo que os ualabís.


PLACENTARIOS


Son vivíparos, é dicir, as crías desenvólvense dentro da nai. Son a maior parte dos mamíferos e os humanos.



 
      


AVES

O máis característico das aves son as plumas, que lle manteñen a súa temperatura corporal.

No seu corpo distinguimos:

-         Cabeza é pequena, con ollos grandes e de gran agudeza visual. Teñen bico que varía según a súa alimentación.

-         Tronco

-         Extremidades:

Dianteiras provistas de plumas de voo, agás os pingüíns e avestruces. Son as ás.

Traseiras: as patas, cubertas de escamas con catro dedos e uñas.

As aves toman osíxeno a través dos pulmóns e comunícanse através dos sacos aéreos.

As aves son ovíparas, poñen ovos con casca e incúbanos.


TIPOS DE AVES

CARENADAS


Son a maior parte das aves con QUILLA. Son as aves voadoras.

Ex: aguias, pardais, pombas, ferreiriño, etc.


RATITES

Grandes aves corredoras carecen de quilla.

Ex: avestruz, emú.
                                      

                                       

PEIXES

Son acuáticos, teñen sangue fría. Teñen o corpo cuberto de escamas, o corpo é hidrodinámico.

Teñen cabeza, tronco e extremidades que se converteron en aletas. No corpo teñen aletas: unha dorsal, unha caudal, unha anal, dúas peitorais e dúas ventrais.




Para nadar empregan os músculos do corpo e a aleta caudal.

Os peixes toman osíxeno da auga grazas ás BRANQUIAS. Están situadas nos laterais da cabeza.

Son ovíparos, poñen os ovos na auga. Xeralmente teñen a pel recuberta de escamas.

Os peixes son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial.

TIPOS DE PEIXES

CARTILAXINOSOS

O seu esquelete está formado por cartílagos. Ex: a raia, a quenlla.


OSEOS

Teñen ósos e son case todos os peixes. O seu esquelete está feito de espiñas. 
Ex: a sardiña, atún, salmón, troita, etc.

  

ANFIBIOS

A palabra anfibio quere dicir "dobre vida" os anfibios adultos viven na terra, mentres que as súas crías desenvólvense na auga.

Son os vertebrados terrestres máis primitivos.
 
Son terrestres pero viven ligados aos medios acuáticos ou húmidos. Teñen catro patas e dedos sen uñas.

Poden ter branquias ou pulmóns, e tamén respiran a través da pel. Grazas a que teñen a pel núa absorven o osíxeno do aire e auga a través dela. Polo que a súa respiración é pulmonar, branquial e cutánea.

Teñen respiración branquial na fase larvaria, pulmonar e pola pel na fase adulta.

Sofren polo tanto unha transformación durante o seu desenvolvemento, chamada METAMORFOSE. 

Que é a Metamorfose ?

Teñen a lingua pegañenta. Son animais de sangue fría como os peixes.

TIPOS DE ANFIBIOS
ANUROS


Carecen de cola, as patas traseiras son maiores que as dianteiras. Ex: ras e sapos.



URODELOS


Teñen cola e catro patas de tamaño similar. 
Ex: pintegas e tritóns.







XIMNOFIÓNS



Teñen o corpo alongado sen cintura nen extremidades. 
Ex: cecilia. 




OS INVERTEBRADOS


CARACTERÍSTICAS:

·         Animais invertebrados son aqueles que non teñen columna vertebral nin esqueleto interno. Algúns deles teñen un caparazón, cuncha ou pel dura para protexer o seu corpo (esqueleto externo)
·         Son ovíparos.
·         Algúns teñen patas articuladas e outros non.
·         Poden ser carnívoros, omnívoros e herbívoros.
·         A maior parte dos invertebrados respiran por tráqueas ou a través de branquias, respiran osíxeno. Só algún moluscos e arácnidos teñen pulmóns.
·         A súa reproducción pode ser sexual ou asexual.
·         Son os únicos capaces de vivir en calquera tipo de medio, xa que se adaptan a todo e viven en todas partes, e están capacitados para voar.

CLASIFÍCANSE EN:

INVERTEBRADOS SEN PROTECCIÓN CORPORAL

PORÍFEROS

Chamados ESPONXAS, son acuáticos.
O corpo é xelatinoso e fibroso con canles revestidas de células. Están cheos de poros (por onde entra a auga).
 Corpos sen simetría, viven fixas nos fondos.
As súas células reteñen osíxeno e os alimentos.
Ex. Esponxas.



 CNIDARIO

Son acuáticos e sinxelos, teñen tentáculos.
O seu corpo ten forma de saco, cunha abertura ou boca.
Aliméntanse doutros animais que capturan cos tentáculos
con células velenosas.
Toman osíxeno por todo o corpo.
Ex: augamares, anémones ou corais.


ANÉLIDOS




Poden ser: acuáticos (samesugas)          ou                    terrestres (lombrigas e miñocas).


Son de corpo alongado, delgado,         musculoso e con aneis.

Teñen a cabeza definida e a boca con pezas duras.

Toman osíxeno por todo o corpo.






INVERTEBRADOS CON PROTECCIÓN CORPORAL

EQUINODERMOS
Viven no mar, o seu corpo ten simetría radial e está cuberto con placas espiñentas.



Ourizos: corpo case redondo e cuberto de espiñas.


Estrelas de mar: corpo cun eixe central e placas  espiñentas.


MOLUSCOS. Case todos teñen cuncha.

Teñen o corpo dividido en:

  • Cabeza.
  • Masa visceral. (Órganos internos)
  • Pé. (Órgano locomotor).

Poden ser terrestres (caracol) ou acuáticos ( mexilóns), os acuáticos respiran por branquias.

Tipos de MOLUSCOS:

 CEFALÓPODOS: 
Teñen pé con tentáculos, algún carecen de cuncha, coma os polvos, e outros teñen cuncha interna como as luras ou as sepias.





BIVALVO: 

Teñen cuncha de dúas pezas. Mexilóns, ameixas, ostras, etc.






GASTERÓPODOS: 

Teñen un pé plano co que reptan. Algúns teñen cuncha dorsal. Caracois e lesmas.
                      
 ARTRÓPODOS. 

Teñen esquelete articulado, cabeza diferenciada, tronco segmentado e varios pares de patas.
Os artrópodos acuáticos teñen branquias e os demais artrópodos respiran por tráqueas.

Tipos de artrópodos:



   INSECTOS. 

     Teñen 6 patas, algún teñen ás para voar. 



Ex: abella, bolboreta, escaravello, saltón.


·        

ARÁCNIDOS.

      Teñen 8 patas, viven na terra.

      Aliméntanse de insectos e teñen pulmóns. Ex: araña.




·       CRUSTÁCEOS.
     
                       Teñen entre 10 e 20 patas, catro antenas.      

                       Viven na terra aínda que buscan humidade. 
                       A respiración é a través de tráqueas.
                 Ex: caranguexo, gambas, percebes, etc.




·         MIRIÁPODOS. 
         
               Teñen moitos pares de patas (ata 1000).      
         O seu corpo é longo e duro, formado por aneis 
          e teñen dúas antenas. 
          Viven na terra aínda que buscan humidade. 
          A respiarción é a través de tráqueas.
          Ex: vermes, escalopendras, etc.



Neste enlace podes coñecer máis cousas sobre os animais.

OS ANIMAIS 

Para saber máis podedes consultar as seguintes páxinas:

ANIMAIS VERTEBRADOS

ANIMAIS INVERTEBRADOS

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS


 

xoves, 23 de novembro de 2017

TALLER DE ESCRITURA

ESTE MES DE NOVEMBRO

TOCA ESCRIBIR UNHA ... POESÍA


Dicía o poeta Luís García Montero, nas súas leccións de poesía para nenos inquedos (1999) que:

"O máis importante para calquer artista é aprender a mirar. 
A poesía nace dunha mirada porque os versos, as metáforas, os adxectivos precisos, as verbas máxicas, os xogos e os cambios de sentido son un xeito especial de ver o mundo"


A poesía é a forma máis artística e liberadora da escritura creativa. 


O poeta ao escribir, pode crear imaxes que poden ser vagas, sutís, brillantes ou mates.

Pode deixar vagar en liberdade a súa creatividade o seu pensamento. 

Todo está permitido na poesía, non imos ter regras. 

Como poetas que sodes tedes completa liberdade para construír un poema dende a nada, así que escomenzade a encadear verbas, sentídevos libres, libres de escribir, o importante é facelo.


 Non teñades medo e fácedeo.

Non esquezas usar o dicionario xa que é o libro máis útil para calquer escritor.



martes, 21 de novembro de 2017

Si queres podes



 OS INCENDIOS


1.INTRODUCIÓN

Benvidos a esta novo proxecto de investigación e coñecemento.

O noso planeta está nun grave perigo.

Os efectos tremendos do “Quecemento Global”van ser devastadores se non lle poñemos remedio…

Pero para poder axudar a salvalo é necesario que coñezamos os perigos que o acechan.

Na   seguinte Unidade  Didáctica trataremos o tema dos incendios forestais dende unha visión social e crítica da  educación.
O  obxectivo é  emancipar  e descubrir  por parte dos nosos alumnos a realidade do que acontece no noso  entorno cos  incendios.

Así que ánimo….e imos pórnos mans á obra!!! 



SESIÓN 1. QUE  SABEMOS? 

Escoitamos  e cantamos    a canción  titulada : O CEO.
(Farémolo ao final de cada sesión)

Observamos atentamente as fotografías da portada do caderno e da introducción do tema e a partir delas verbalizamos as nosas  Ideas previas

Lemos  as seguintes preguntas e pensamos as súas respostas:

Que acontece antes  e  despois dun incendio?

Cales son  as causas dos incendios, que efectos ecolóxicos, socioeconómicos producen?

Que podemos facer para que esta praga desapareza?

En asamblea reflexionamos sobre as preguntas que acabamos de ler.

En papel continuo anotamos as nosas respostas e deixámolas expostas no taboleiro de cortiza adicado ao proxecto.

SESIÓN 2. SAÍDA PEDAGÓXICA.

Faremos unha saída ao entorno próximo a observar en situ o desastre ecolóxico que producíu a vaga de lumos do pasado mes de outubro.
Cada equipo levará unha cámara de fotos e un caderno de campo. Faremos fotografías só á paisaxe e anotaremos todo o que nos vaia parecendo interesante das diferentes charlas que nos dará Luís.
Sairemos da escola ás 10,00 da mañá cara ao monte de Moreira, para realizar una visita guiada polo entorno a cargo do mestre Quico e Luís. Ao remate faremos un roteiro ata o Castelo de Soutomaior, onde poderemos observar o bosque do mesmo.
Nel pódense atopar preto de 200 especies botánicas (algunhas con máis de oitocentos anos de antigüidade)coma:  abetos e piceas, camelias , castiñeiros, laranxeiras, magnolias, plátanos, acivros,alciprestes (Cupressus spp.), abetos de douglas (Pseudotsuga menziesii), criptomeria ou cedro xaponés (Cryptomeria japonica), alciprestes de Lawson (Chamaecyparis lawsoniana), cedros do incenso de California (Calocedrus recurrens), carballos, araucarias, e sequoias, inclusive doce exemplares doCatálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, e multitude de especies de fentos ou plantas florais como a hortensia.
En 2012, no transcurso do Congreso Internacional da Camelia celebrado en Chuxiong, China, foi declarado Xardín de Excelencia Internacional, o único de España. En Europa so hai seis máis.

Aproximadamente ás 13,30 horas, regresaremos á escola. 


Escomenzamos a traballar na aula o guión será o seguinte:

1.     Visionado das diapositivas de  Xesús  Pereira  López.

2.    Presentación de noticias e  vídeos  coa finalidade de lembrar que información ten o alumnado do tema.

3.    Reflexionaremos en asamblea e  sacaremos  conclusións.

4.     Establecer hipótesis de traballo buscando información por grupos, percurando darlle un valor engadido ao tema, xa  que son os nenos os que xeran información.

5.    Presentación dos contidos propostos.

6.    Conclusións  sobre as causas dos incendios  e  formas de actuar ante unha situación de risco.


    Traballaremos, a partir da realización de distintas actividades e tarefas.


 SESIÓN 3.

Observamos o seguinte  mapa de  Galiza  e  arredores  para que sitúedes os focos dos incendios que imos traballar.


 Agora observaremos este mapa do concello de Soutomaior   e  arredores  de  Pazos  de Borbén  e  Ponte  Caldelas.

Tedes que sinalar  por onde ardeu. Lembrade a información que vos deu Luís.



SESIÓN 4

 Le o seguinte texto, lectura individual e silenciosa. Técnica de lectura compartida.

O  pasado  verán, ata últimos  de setembro, tanto  en Galiza coma no norte de Portugal, non parou de arder.
Aos meus amigos da escola  que viven nos lugares  de  Moreira, Cortellas e  Aranza, zonas rurais do  noso  concello de Soutomaior, case  se quedan  sen  casa, e disque pasaron moito medo, tanto polo lume  como do fume, que non os deixaba respirar, queredes saber o que lles aconteceu?

Pois que prendeu lume  no monte do Galleiro, e co vento  do sureste, e do calor que ía, máis  os  eucaliptais e piñeirais que había no monte fixeron que  o incendio collera unhas  dimensións e quedou  fóra de control. O  lume  foi chegando ao noso concello até perto das casas. Metía medo.

Foi  arredor das 10  da noite, xa algúns veciños se deitaran a durmir e de súpeto, escoitáronse  berros de auxilio, estaban ardendo os montes comunais dos nosos vecinos  e o incendio viña coma un cabalo desbocado cara as casas, axiña se ergueu todo o mundo e puxéronse mans a obra, tratando de deter o lume, con caldeiros de auga, mangueiras, batelumes, xestas, etc.

Houbo  veciños que chamaron  ao número de emerxencias que a Xunta  dispón nestes casos, mais estaban sobrepasados de traballo os equipos de extinción, e a xente loitou soíña.

Moreas de vecinos dos concellos limítrofes viñeron a botar unha man, o máis importante era arredar  o lume  das casas. Como non,  fixéronse  cadeas humanas, e caldeiro vén ,caldeiro vai, foron tornando do lume.

A  pesar  das labaradas inmensas que se aproximaban a xente foi quen de salvar as súas casas. Porén queimáronse dous veciños de gravidade, e arderón pendellos, galpóns e veigas con viñas ao redor das casas, máis todo quedou nun gran susto.

Ogallá non aconteza máis!


 Elabora  preguntas para unha boa lectura comprensiva do texto:
1.-
2.-
3.-
4.-
Facémosnos as preguntas uns a outros, nun roldo de preguntas.

SESIÓN 4.

ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN

·         En  que dous lugares da Península Ibérica está ardendo moito? 
·         Onde aconteceu  este incendio? Nunha aldea, nunha vila, nunha cidade?
·         Na vida  do día a día, para que se utiliza o lume? Pensa na túa casa.
·         Reflexiona no bo uso do lume e no mal uso.
·         Fai unha enquisa na casa e entre os teus vecinos, para que che digan as causas do lume?
·         Cantos litros poden  levar e o que custan os helicópteros e os avións contraincendios? 
Investiga.
 SESIÓN 5.
Observa con atención as seguintes fotografías.



Consensuamos as respostas no equipo, temos que pórnos de acordó e dar tod@s a mesma resposta.

Facemos unha posta en común coas respostas dadas. Chegamos a acordos.

Pasamos a información ao papel continuo do taboleiro de cortiza.

Comparamos as respostas dadas o 1º día coas dadas agora.

SESIÓNS 6, 7, 8 e 9.

Buscade a información  por grupos, logo faremos unha exposición do preparado na aula.

GRUPO 1. BUSCA  AS  CAUSAS ESTRUTURAIS  DOS INCENDIOS.

GRUPO 2.AS  VARIABLES  ECOLÓXICAS  E CLIMÁTICAS  DOS INCENDIOS.

GRUPO 3.   AS CAUSAS MÁIS   PRÓXIMAS.

GRUPO 4. OS  EFECTOS ECOLÓXICOS DUN INCENDIO.

GRUPO 5  OS EFECTOS ECONÓMICOS  E SOCIAIS.

 PROCESO DE TRABALLO

Traballaremos agrupados cos mesmos grupos da aprendizaxe cooperativa, na que xa temos designados o  coordinador/a, o/a portavoz e o secretario/a, controlador/a de voz e tempo.

  Seguindo o guión, buscaremos INFORMACIÓN  e anotaremos o importante nun archivo  Word.

SELECCIÓN da información que sexa relevante para facer o traballo.

 ORGANIZACIÓN da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.

 MONTAXE da información nun PowerPoint, con textos, dibuxos, fotografías e todo o que sexa necesario.

Lembrade que tedes que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.

  Deberedes  elaborar primeiro  un documento de Word e posteriormente unha presentación en Power Point para vosos/as  compañeiros/as, onde se recollan os aspectos que consideredes de interese sobre os INCENDIOS.

Trátase, en definitiva, que cada grupo expoña o resto do grupo-clase a información recollida.

 E esta información ten que ser clara, sinxela e entendible por todos.

 SESIÓN 10 e 11.
Visionamos videos de incendios de Galicia.


Cos   grupos de traballo cooperativo realizamos murais e buscamos información.

 1º) Que  relación pensades que hai entre os incendios e as fortes avenidas de auga, en certos anos, en diversas zonas de Galiza? Que  lle acontece aos nosos ríos e rías?

 2º) E  que lle acontece aos nosos montes ao arder moitas veces consecutivas, ademáis da erosión, e da difícil recuperación do monte…?

 3º) Que relación hai  entre  incendios e  cambio climático?

4º) Como  se poden previr os incendios?Quizais campañas de concienciación, educar dende a escola….?

 5º) Pensades que hai intereses detrás dos incendios? Como credes que se podían evitar os incendios?

SESIÓN 12, 13 e 14.

Fará  cada  grupo  un mural ( composicións libre), pódese  utilizar  as técnicas plásticas que desexen, collage, debuxo artístico, etc.   acompañarano  cun  slogan  de esperanza para os nosos montes e a información que tiveron que recompilar nas sesións 10 e 11.

 ORGANIZACIÓN da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.

 MONTAXE da información nun PowerPoint, con textos, dibuxos, fotografías e todo o que sexa necesario.

Lembrade que tedes que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.

  Deberedes  elaborar primeiro  un documento de Word e posteriormente unha presentación en Power Point para vosos/as  compañeiros/as, onde se recollan os aspectos que consideredes de interese sobre os INCENDIOS.

Trátase, en definitiva, que cada grupo expoña o resto do grupo-clase a información recollida.

 E esta información ten que ser clara, sinxela e entendible por todos.