mércores, 8 de novembro de 2017



Escomenzamos unha nova uniade de galego na que imos investigar e facer un estudo serio de:

- A poesía. Xénero literario. As estrofas. A rima.

-Gramática: O adxectivo.

-Vocabulario: palabras parónimas, polisémicas e homónimas. 
Os sentimentos e as emocións.


-Ortografía: Repaso xeral das normas dadas. O acento diacrítico.

-Os séculos escuros.




Corría o ano 1978 e a poesía de Manuel María dirixida aos nenos, cargada de cero didactismo consciente, volvía ser un elemento para ter en conta nun eido ermo.

El mesmo afirmaba –algo discutible, pero auténtico- que:

 “ a poesía que non ensine algo –o que sexa- non é poesía”.



Que é a poesía?  É un xénero literario que expresa ou suxire algo. Composición poética escrita en verso (RAG)

Un poema é unha composición escrita en verso. 

Un verso é cada liña que forma un poema.

Na poesía debemos ter en conta:

  • A métrica permítenos coñecer a medida dun verso, contando o nº de sílabas.                                                                                                                                                                              "Aquí vén o maio" 6 sílabas / A-quí vén o ma-io
        Ao medir as sílabas dun verso cómpre ter en conta:
        
        - Se a palabra final é aguda ou monosílaba, súmase unha sílaba.

        - Se a palabra final é esdrúxula resta unha sílaba.

        - Si nun verso atopamos unha palabra rematada en vogal e a seguinte comeza por vogal, só se conta unha sílaba. Esta figura poética chámase SINALEFA.

          NON hai sinalefa se a segunda vogal é tónica ou se hai unha pausa.
  • A rima 



Neste enlace podemos saber máis  e practicar o aprendido: A POESÍA.


Gramática

Xa estudamos os substantivos (seres, obxectos, ideas…), os determinantes (acompañan ao substantivo) coas súas contraccións e agora toca adentrarnos no mundo dos adxectivos tan útiles para a mellorar a nosa expresión oral e escrita e enriquecer o noso vocabulario.

OS ADXECTIVOS

Na unidade anterior estudamos OS ADXECTIVOS DETERMINATIVOS, lembrádesvos?
A quen acompañaban? Cales eran?

Polo que neste tema imos estudar OS ADXECTIVOS CUALIFICATIVOS

Estos son unha clase de palabras que indican as calidades do substantivo ao que se refiren, e concordan con el en xénero e número.

En definitiva, son aquel tipo de palabras que nos din como están ou como son as persoas, lugares, cousas, animales, plantas, sentimentos ou pensamentos.

Pensa algúns exemplos.

·          O ADXECTIVO concorda en XÉNERO e NÚMERO co SUBSTANTIVO ao que acompaña.

Unha gatiña preta.                           Un gato preto.                                  
 
 Unhas gatiñas boas                                          
                                                                                         Uns gatiños bos


Hai adxectivos que son invariables, teñen unha soa forma para o masculino e o feminino.



Teño unha gatiña gris.                                     


Teño un gatiño gris.





CLASES DE ADXECTIVOS CUALIFICATIVOS

               ADXECTIVOS EXPLICATIVOS OU EPÍTETOS 

       Cando expresan una calidade que xa é propia do substantivo.  

                                           Ex: a branca neve.


 ADXECTIVOS ESPECIFICATIVOS

Cando expresan una calidade que non ten que ser propia 

ou exclusiva do substantivo.

Ex: os fortes ventos.



Os ADXECTIVOS “grande” e “santo” poden presentar unha forma apocopada ante un substantivo.

É un gran pai                        Esa figura é a de San Xoán.

Pensa, que pode ser APÓCOPE?


 GRADACIÓN DO ADXECTIVO

 As calidades expresadas polos adxectivos poden graduarse mediante adverbios ou locucións e presenta tres formas diferentes.

POSITIVO: cando o adxectivo se presenta sen modificación do seu significado.



Exemplo: alto, verde, bo, frío, quente, fermosa, leda, etc.

É unha nena fermosa. 

O seu paraugas é verde. 

A nena está leda


COMPARATIVO:  cando a calidade do adxectivo se compara con algo.

               -
Pode  ser:       
               - Inferioridade: menos… ca /que.    Ex: corres menos ca nós.

               - Igualdade: tan … como/coma.        Ex: É tan alta coma ti.

                - Superioridade:máis…ca/que.         

                                     Ex: O can negro máis rápido que o castaño.


        

SUPERLATIVO: cando a calidade do adxectivo se presenta no seu grao máis alto.

- Relativo:o máis/menos … de. Ex: É o máis alto.


- Absoluto:


                     - ísimo. Ex: É fortísimo.    

      
                    
                      - Moi + adxectivo. Ex: É moi forte




SE QUERES SABER MÁIS E REPASAR O QUE ACABAMOS DE ESTUDAR NESTES ENLACES PODES FACELO:



                i

IMOS FACER PRÁCTICAS 

Busca os substantivos e os adxectivos que os acompañan, clasifícaos. Substantivos/Adxectivos

Substitúe ti agora no poema os adxectivos por outros, creando un poema novo

Cal cres que é a temática do poema.

 Cos adxectivos que atopaches imos a poñelos en todos os grados nos que pode estar.

Constrúe oracións con eles.





 Vocabulario: palabras parónimas, polisémicas e homónimas. 
Os sentimentos e as emocións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario