martes, 15 de maio de 2018

A ENERXÍA

Toda a actividade da natureza e do ser humano é produto do uso da enerxía nas súas diferentes formas de manifestarse.

Sen enerxía non poderiamos movernos, nin traballar, quecernos, etc.

Non habería nin chuvia nin vento non existiría a vida e non habería cambios no Planeta nin no Universo.


Fonte da imaxe: http://conceptodefinicion.de/energia/


Que é a enerxía? É todo aquilo capaz de producir un cambio na materia.


CARACTERÍSTICAS DA ENERXÍA

  • A enerxía carece de MASA e VOLUME.


  • Pode contela a materia ou pasar dun corpos a outros.


  • Maniféstase de diferentes formas.


  • A enerxía nin se crea nin se destrúe senón que se trasforma dunha forma a outra.

FORMAS DE ENERXÍA


A enerxía pode manifestarse de diferentes xeitos.

Nós imos estudar os seguintes:

  • ENERXÍA MECÁNICA: é a que teñen os corpos cando se moven. 
Ex: o vento.
Fonte da imaxe: https://www.meteorologiaenred.com/viento-se-forma-tipos-viento-especiales-se-mide.html


  • ENERXÍA QUÍMICA: é a enerxía que teñen algunhas substancias (Combustibles). Libéranse en forma de calor. Ex: 


  • ENERXÍA TÉRMICA: é a que se trasmite en forma de calor. Ex: o Sol.


  • ENERXÍA LUMINOSA: é a que teñen os corpos que dan luz. Ex: o Sol.

  • ENERXÍA ELÉCTRICA:é a empregada por moitas máquinas para funcionar, os lostregos nunha tronada.


  • ENERXÍA MAGNÉTICA: é a que teñen os imáns e fai que se atraian obxectos metálicos.



FONTES DE ENERXÍA



Nas sociedades desenvolvidas consumimos grandes cantidades de enerxía.

As fontes de enerxía ou recursos enerxéticos son aqueles recursos que o ser humano utiliza para xerar enerxía, que poden usarse directamente ou transformarse noutro tipo de enerxía.

O Sol é a fonte da maioría das enerxías.

PODEN SER DE DOUS TIPOS:

      RENOVABLES:  Non se esgotan xa que unhas proceden de fontes case inesgotables (O Sol) e outras rexenéranse de xeito continuado.
   
     Estas producen poucos problemas ambientais.


     NON RENOVABLES:  Son as que se esgotan xa que unha vez tansformadas non se rexeneran ou fanno moi lentamente.
      
     Son contaminantes e algunhas perigosas para os seres vivos e o medio ambiente.


        




Algunhas  páxinas para reforzar coñecementos e utilizadas como fontes de información:


https://www.slideshare.net/jjpj61/tema-5-la-energa

Ningún comentario:

Publicar un comentario