sábado, 12 de maio de 2018

A MATERIA

*    MATERIA: é todo aquilo que posúe masa e ocupa un espazo.

AS PROPIEDADES DA MATERIA

A materia ten diversas propiedades que clasificamos en xerais e específicas.

    PROPIEDADES XERAIS: son as que teñen en común todos os tipos de materia. Son:
-      Masa é a cantidade de materia. Mídese en Kg ou g

-      Volume é o espazo que ocupa a materia. Mídese en m ou en cm

    PROPIEDADES ESPECÍFICAS: son as que nos permiten diferenciar os distintos tipos de materia. Son:

-      A cor, dureza, brillo, etc.

-      A densidade cada tipo de materia ten unha densidade diferente. Para calcular a densidade dun obxecto dividimos a masa entre o volumen.

Na natureza atopamos substancias PURAS e MESTURAS

  Substancias puras están formadas por un so tipo de materia.


  


Ex: ouro. 


As Mesturas están formadas por dúas ou máis substancias.


Cada un dos tipos de materia que forma unha mestura chámanse compoñentes.

Ex: granito, auga con sal, zume de froitas, etc.



TIPOS DE MESTURAS:

- HETEROXÉNEAS: Distínguense os seus compoñentes. Ex: o granito.


- HOMOXÉNEAS: Non se distinguen os compoñentes a simple vista. 




Ex: auga con sal. 


COMO PODEMOS SEPARAR OS COMPOÑENTES DUNHA MESTURA?

Imos coñecer catro procedementos:

      FILTRACCIÓN:


DECANTACIÓN:
 MAGNETISMO:

EVAPORACIÓN:





OS CAMBIOS NA MATERIA

A materia cambia.  Na natureza, calquer corpo pode cambiar, e todos os cambios teñen algo en común; prodúcense cando intervén algún tipo de ENERXÍA sobre o corpo.

Os cambios que experimenta a materia poden ser:

    
Cambios  FÍSICOS non modifican a masa nin o tipo de materia. Aféctanlle

      ao estado e ás propiedades do corpo. Son:
  • Cambios de estado: a auga (sólido, líquido e gasoso)
  • Dilatacións.
  • Contraccións.
  • Deformacións.
Cambios QUÍMICOS Ø prodúcense cando se combinan dúas ou máis substancias, chamadas reactivos, e fórmanse outras novas, chamadas produtos.


Ex: a oxidación é un cambio químico que se produce ao entrar en contacto o ferro co osíxeno estes reaccionan e fórmase unha substancia nova que é o óxido.




Cambios químicos combinados co osíxeno:
  • Combustións:

  • Oxidacións:


Reaccións químicas nos seres vivos:

  • Fotosíntese:

  • Dixestión:

  • Fermentacións:



Podes consultar as seguintes páxinas para reforzar coñecementos e para saber máis.











Ningún comentario:

Publicar un comentario