domingo, 10 de xuño de 2018

A IDADE CONTEMPORÁNEA

Iníciase coa REVOLUCIÓN FRANCESA (1789) e chega ata os nosos días.

  • O SÉCULO XIX EN ESPAÑA:

GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808 - 1813)


Enfronta a España, Inglaterra e Portugal contra Francia.

Reinaba CARLOS IV, este deixa o goberno en 

mans de GODOY.




GODOY  permitíu a  entrada dos franceses para conquistar Portugal, pero estes cambian de plans e instauran no trono español a JOSÉ I, irmán de Napoleón.

O 2 de maio de 1808, rebélase o pobo madrileño, iniciándose a GUERRA DA INDEPENDENCIA.


En GALIZA  acontecen as batallas de ELVIÑA (A Coruña, xaneiro de 1809) e PONTESAMPAIO ( 7 ao 9 de xuño de 1809)


Durante a guerra AS CORTES reúnense en Cádiz e elaboran a CONSTITUCIÓN de 1812.

Na que:
  • Os españois son iguais ante a lei.
  • Recoñecen como Rei a FERNANDO VII.
Video guerra da Independencia: 
https://www.youtube.com/watch?v=Cd0BGXycyhM&list=PLs5p5zPAjb23YDiW6w3rP0ez9DhpoA3EH

O REINADO DE FERNANDO VII (1814-1833)

FERNANDO VII  regresou a España en 1814, herdou un país dividido, o seu reinado caracterizouse por:
   
- Favorecer ó ABSOLUTISMO herdado e defendido por el, querían derogar a Constitución e as reformas liberais.

En 1820 o coronel del RIEGO na Coruña rebélase contra Fernando VII e obrígano a convertirse en REI CONSTITUCIONAL.

Polo que de 1820 a 1823 (TRIENIO LIBERAL)  vai estar vixente a CONSTITUCIÓN.

Con Fernando VII independízanse moitas COLONIAS AMERICANAS (perdida económica

importante para España), e DERÓGASE A LEI 

SÁLICA, para que puideran gobernar as mulleres.

Os absolutistas non aproban este cambio na lei e van apoiar ao seu irmán CARLOS, o fin do seu

reinado deu paso a unha guerra civil as chamadas GUERRAS CARLISTAS.

A súa morte pasa a reinar a súa filla ISABEL II.


Video reinado de Fernando VII: https://www.youtube.com/watch?v=CnpWfRUluwk

Fontes:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/El_Dos_de_Maig._Defensa_del_Parque_de_Artilleria_de_Montele%C3%B3n%2C_en_Madrid%2C_el_d%C3%ADa_Dos_de_Mayo_de_1808..JPG/1200px-El_Dos_de_Maig._Defensa_del_Parque_de_Artilleria_de_Montele%C3%B3n%2C_en_Madrid%2C_el_d%C3%ADa_Dos_de_Mayo_de_1808..JPG

https://es.slideshare.net/Iolahouses/guerra-da-independencia



https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Ferdinand_VII_of_Spain_%281814%29_by_Goya.jpg/200px-Ferdinand_VII_of_Spain_%281814%29_by_Goya.jpg

 REINADO DE ISABEL II.

Durante os primeiros dez anos reina a súa nai MARIA CRISTINA  e o xeneral ESPARTERO, xa que Isabel II só tiña 3 anos á morte do seu pai.

Foi declarada maior de idade aos 13 anos. O seu reinado foi INESTÁBEL.

Reinará entre 1833 e 1868.

A súa sucesión provoca a PRIMEIRA GUERRA CARLISTA (durou 6 anos) ao final desta guerra consolidouse ISABEL II  como raiña.

SEGUNDA GUERRA CARLISTA de 1847 a 1849.

Casou con Francisco de Asis de Borbón, con quen ten 12 fillos, dos que só viviron seis.

As etapas políticas do reinado de Isabel II:     

  • Década moderada (1844-1854):

                - Constitución de 1845
                - Liberalismo moderado.


  • Bienio Progresista (1854-1856)
                - Pronunciamento de Vicálvaro.
                 

                - Desamortización de Madoz.
                - Lei xeral de ferrocarís.


  • Unionistas e moderados (1856-1868)
                - Unionistas: estabilidade política e prosperidade económica.
                - Moderados.

En 1868 prodúcese unha revolución "A GLORIOSA", acabou coa renuncia de Isabel II que fuxíu a 

FRANCIA onde vivíu ata a súa morte en 1904. Deixou o trono ao seu fillo Afonso XII.



Video reinado de Isabel II: https://www.youtube.com/watch?v=TiZNOB8wHBU


Fontes da información e fotografías:

https://i.pinimg.com/originals/46/f7/4d/46f74d55f615f1bda9a74c1b695519a1.png

http://cmapspublic3.ihmc.us/rid=1J4PF2FDB-1G8CKWT-KB/isabel2.cmap?rid=1J4PF2FDB-1G8CKWT-KB&partName=htmljpeg

https://www.nuevatribuna.es/media/nuevatribuna/images/2014/11/23//2014112313595455483.jpg



SEXENIO DEMOCRÁTICO.

 O SEXENIO DEMOCRÁTICO vai dende 1868 ata 1864.  Esta vai ser unha etapa de gran actividade e inestabilidade política.

Podemos dividilo en tres etapas:                                     

  • Goberno provisional (1868-1871)
  • Reinado de Amadeo de Savoia (1871- 1873)
  • Primeira República (1873-1874)

Imponse un rexime  LIBERAL-PROGRESISTA baseado no SUFRAXIO UNIVERSAL MASCULINO.

Buscouse un novo rei para España, as cortes elixen a AMADEO DE SAVOIA. Este renunciará ao trono en 1873, proclamándose entón a 1ª REPÚBLICA e instaurase neste momento un rexime federal, estes cambios son apoiados polas CLASES POPULARES agardando melloras.

Pero os gobernos republicanos tiveron que facer fronte a un triple desafío bélico:

  • Guerra civil carlista
  • REBELIÓN DOS CANTÓNS territorios que non aceptaban o poder federal.
  • Guerra dos dez anos en Cuba.
  • E as conspiracións militares por parte de Alfonxo XII


Intentaron ampliar o liberalismo e instaurar a democracia pero fracasaron polos crecentes problemas que asolaban o país.

Este sexenio remata coa RESTAURACIÓN BORBÓNICA en 1875, proclamando rei a ALFONSO XII fillo de Isabel II.


Fontes da información e fotografías:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/11001762/helvia/sitio/upload/TEMA_6._EL_SEXENIO_DEMOCRATICO__18681874_.pdf

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Caricatura_etapas_del_sexenio_La_Flaca_1874.jpg/300px-Caricatura_etapas_del_sexenio_La_Flaca_1874.jpg


RESTAURACIÓN BORBÓNICA

Comeza en 1875 coa subida ao trono de ALFONSO XII e remata en 1885. Durante o seu mandato redáctase a Constitución de 1876, rematan as guerras Carlistas e no goberno van facer quendas de xeito pacífico os conservadores (Cánovas) e os liberais (Sagasta) e para que esto fose posíbel o "cacique" de cada lugar amañaba os resultados, realizando así un fraude electoral.
                                                                                     
Estas quendas no goberno veñen dadas polo:
  • Falseamento electoral
  • Compra de votos.
Baixo o seu mandato finalizou a 1ª Guerra de Cuba na que gañou España.

O seu reinado rematou en 1885 a súa morte, morreu estando embarazada a súa muller do futuro Alfonso XIII e foi María Cristina a encargada de ocupar a xefatura do EStado como raiña rexente.

Nos seus anos de rexencia escomenzou a 2ª Guerra de Cuba que rematou gañando o pobo cubano. España perdeu as súas tres últimas colonias de ultramar: Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

En esta etapa cabe destacar como avance democrático o "Sufraxio masculino"

Fontes da información e fotografías:

http://historiaunamirada.blogspot.com/2011/02/brevisimo-resumen-de-la-restauracion.html

https://4.bp.blogspot.com/Jvl8m4bjhiM/WFE6YsYBgpI/AAAAAAAABYY/7a55s18Of2I3_Zg6p3EKP04LU8oPvJQdACLcB/s1600/Alfonso%2BXII.jpg

https://dandiacarb.wordpress.com/tema-15-2-la-edad-contemporanea-siglo-xix-parte-2/







Fonte: https://pabloquintasprimaria.files.wordpress.com/2016/02/espancc83a-no-s-xix.jpg









sábado, 2 de xuño de 2018

A CALOR

Que é a calor? É a  transferencia de enerxía térmica dende un corpo con certa temperatura ata outro con menos.


A CALOR PODE TRANSFERIRSE POR:
  • CONTACTO: Cando os corpos se tocan. Ex: cazo ao lume .
  • A  DISTANCIA :Os corpos non establecen contacto.Ex: o Sol envia enerxía térmica.
OS EFECTOS DA CALOR SON:
  • ·         Variacións de temperatura.

Exemplo:

  • ·         Cambios Físicos: cambios de estado (auga), dilatacións.

Exemplo:


QUE  É A TEMPERATURA?


EN QUE SE DIFERENCIA DA CALOR?



O SON


QUE  É O SON???


EFECTOS DO SON:

A LUZ

QUE É A LUZ???


AS FONTES LUMINOSAS poden ser:

  • Naturais: o sol, as estrelas, un raio, ...

  • Artificiais: unha lámpada




AS CARACTERÍSTICAS DA LUZ SON:

1            Propágase en liña recta.


             Propágase en todas as direccións.


3          Viaxa máis rápido que calquer outro tipo de enerxía.
           
          

OS CORPOS MATERIAIS E A LUZ.

Dependendo do tipo de materia da que estén formados os corpos poden deixar pasar a luz ou non.

Segundo esto podemos clasificalos en:

·         CORPOS TRANSPARENTES.

·         CORPOS TRANSLÚCIDOS.

·         CORPOS OPACOS.

OS FENÓMENOS LUMINOSOS.


Dispersión da luz: cando a luz atravesa un prisma, descomponse nas cores que a forman e entón poden ser vistos.
Cando os raios solares atravesan pequeñas gotas de chuvia, estas actúan como pequenos prismas e dispersan a luz, formándose así o arco da vella.

Absorción da luz:os materiais poden absorver a luz que chega a eles. Segundo o tipo de luz que pode absorver un material, este vai ter unha certa cor.
Se absorve toda a luz que recibe será de cor preta, pola contra, un material que non absorbe a luz, reflectíndoa toda será de cor branca.

Reflexión da luz: é o cambio de dirección e sentido que sofren os raios luminosos cando chocan contra a superficie dun medio dististo ao que se desprazan.
É un fenómeno polo cal os raios luminosos rebotan ao chocar contra un obxecto (Raios reflectidos) Un espello é un obxecto opaco que reflicte todos os raios luminosos que chegan a el, véndose ademais do espello os corpos reflectidos nel.

Refracción da luz: é un fenómeno polo cal os raios luminosos cambian de dirección cando pasan de un medio a outro. (Raios refractados)
Con este fenómeno prodúcese un cambio na súa velocidade e na súa dirección. Se introducimos un lapis nun vaso de auga, prodúcese unha ilusión óptica que fai ver o lapis como partido.



Este fenómeno que causa a deformación das imáxenes aprovéitase para fabricar

AS LENTES de vidro ou plástico.


TIPOS DE LENTES:
  • CONVERXENTES:

  • DIVERXENTES:



martes, 15 de maio de 2018

A ENERXÍA

Toda a actividade da natureza e do ser humano é produto do uso da enerxía nas súas diferentes formas de manifestarse.

Sen enerxía non poderiamos movernos, nin traballar, quecernos, etc.

Non habería nin chuvia nin vento non existiría a vida e non habería cambios no Planeta nin no Universo.


Fonte da imaxe: http://conceptodefinicion.de/energia/


Que é a enerxía? É todo aquilo capaz de producir un cambio na materia.


CARACTERÍSTICAS DA ENERXÍA

  • A enerxía carece de MASA e VOLUME.


  • Pode contela a materia ou pasar dun corpos a outros.


  • Maniféstase de diferentes formas.


  • A enerxía nin se crea nin se destrúe senón que se trasforma dunha forma a outra.

FORMAS DE ENERXÍA


A enerxía pode manifestarse de diferentes xeitos.

Nós imos estudar os seguintes:

  • ENERXÍA MECÁNICA: é a que teñen os corpos cando se moven. 
Ex: o vento.
Fonte da imaxe: https://www.meteorologiaenred.com/viento-se-forma-tipos-viento-especiales-se-mide.html


  • ENERXÍA QUÍMICA: é a enerxía que teñen algunhas substancias (Combustibles). Libéranse en forma de calor. Ex: 


  • ENERXÍA TÉRMICA: é a que se trasmite en forma de calor. Ex: o Sol.


  • ENERXÍA LUMINOSA: é a que teñen os corpos que dan luz. Ex: o Sol.

  • ENERXÍA ELÉCTRICA:é a empregada por moitas máquinas para funcionar, os lostregos nunha tronada.


  • ENERXÍA MAGNÉTICA: é a que teñen os imáns e fai que se atraian obxectos metálicos.



FONTES DE ENERXÍA



Nas sociedades desenvolvidas consumimos grandes cantidades de enerxía.

As fontes de enerxía ou recursos enerxéticos son aqueles recursos que o ser humano utiliza para xerar enerxía, que poden usarse directamente ou transformarse noutro tipo de enerxía.

O Sol é a fonte da maioría das enerxías.

PODEN SER DE DOUS TIPOS:

      RENOVABLES:  Non se esgotan xa que unhas proceden de fontes case inesgotables (O Sol) e outras rexenéranse de xeito continuado.
   
     Estas producen poucos problemas ambientais.


     NON RENOVABLES:  Son as que se esgotan xa que unha vez tansformadas non se rexeneran ou fanno moi lentamente.
      
     Son contaminantes e algunhas perigosas para os seres vivos e o medio ambiente.


        




Algunhas  páxinas para reforzar coñecementos e utilizadas como fontes de información:


https://www.slideshare.net/jjpj61/tema-5-la-energa

sábado, 12 de maio de 2018

A MATERIA

*    MATERIA: é todo aquilo que posúe masa e ocupa un espazo.

AS PROPIEDADES DA MATERIA

A materia ten diversas propiedades que clasificamos en xerais e específicas.

    PROPIEDADES XERAIS: son as que teñen en común todos os tipos de materia. Son:
-      Masa é a cantidade de materia. Mídese en Kg ou g

-      Volume é o espazo que ocupa a materia. Mídese en m ou en cm

    PROPIEDADES ESPECÍFICAS: son as que nos permiten diferenciar os distintos tipos de materia. Son:

-      A cor, dureza, brillo, etc.

-      A densidade cada tipo de materia ten unha densidade diferente. Para calcular a densidade dun obxecto dividimos a masa entre o volumen.

Na natureza atopamos substancias PURAS e MESTURAS

  Substancias puras están formadas por un so tipo de materia.


  


Ex: ouro. 


As Mesturas están formadas por dúas ou máis substancias.


Cada un dos tipos de materia que forma unha mestura chámanse compoñentes.

Ex: granito, auga con sal, zume de froitas, etc.



TIPOS DE MESTURAS:

- HETEROXÉNEAS: Distínguense os seus compoñentes. Ex: o granito.


- HOMOXÉNEAS: Non se distinguen os compoñentes a simple vista. 




Ex: auga con sal. 


COMO PODEMOS SEPARAR OS COMPOÑENTES DUNHA MESTURA?

Imos coñecer catro procedementos:

      FILTRACCIÓN:


DECANTACIÓN:
 MAGNETISMO:

EVAPORACIÓN:





OS CAMBIOS NA MATERIA

A materia cambia.  Na natureza, calquer corpo pode cambiar, e todos os cambios teñen algo en común; prodúcense cando intervén algún tipo de ENERXÍA sobre o corpo.

Os cambios que experimenta a materia poden ser:

    
Cambios  FÍSICOS non modifican a masa nin o tipo de materia. Aféctanlle

      ao estado e ás propiedades do corpo. Son:
  • Cambios de estado: a auga (sólido, líquido e gasoso)
  • Dilatacións.
  • Contraccións.
  • Deformacións.
Cambios QUÍMICOS Ø prodúcense cando se combinan dúas ou máis substancias, chamadas reactivos, e fórmanse outras novas, chamadas produtos.


Ex: a oxidación é un cambio químico que se produce ao entrar en contacto o ferro co osíxeno estes reaccionan e fórmase unha substancia nova que é o óxido.




Cambios químicos combinados co osíxeno:
  • Combustións:

  • Oxidacións:


Reaccións químicas nos seres vivos:

  • Fotosíntese:

  • Dixestión:

  • Fermentacións:



Podes consultar as seguintes páxinas para reforzar coñecementos e para saber máis.