Escomenzou o terceiro trimestre e esquecémonos un pouco do blogue, non tivemos tempo para mostrarvos as nosas actividades, as unidades feitas, os power-point, actuacións,etc.
Así que agora vai ir todo xuntiño, só queremos que gocedes das nosas publicacións e que pouco a pouco tod@s vaiamos ensinando e aprendendo. Grazas por ser tan pacientes con nós.
Imos alá "Vento en popa a toda vela..."
"O ensino debe facer sentir aos alumnos que aquilo que se lles ensina é fermoso e non unha amarga obrigación" Albert Einstein
luns, 29 de maio de 2017
domingo, 2 de abril de 2017
ÍMONOS DE PLANTACIÓN
Foi unha experiencia magnífica, encantounos participar deste proxecto "Repoboar os nosos bosques", escomenzado polo mestre Quico no ano 2007, polo que este ano fai 10 anos que a nosa escola está a colaborar con todas as comunidades de montes do Concello de Soutomaior e co propio Concello que tamén colabora con tod@s nós.
O día estivo moi bo polo que todo resultou xenial!!!! Primeiro fomos á zona de Salgueirón onde plantamos castiñeiros.
Unha vez rematada a plantación, baixamos en autobus cara ó multiusos, onde nos esperanban coa merenda e unha pequena representación sobre como reciclar o lixo e coidar o noso entorno.
Un día para lembrar sempre, grazas de tod@s @s nen@s de 5º e 6º cursos a tod@s os que facedes posíbel que poidamos aprender deste xeito tan fermoso.
martes, 21 de marzo de 2017
ESCOMENZAMOS UNHA NOVA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN E COÑECEMENTO
TÓCANOS INVESTIGAR
SOBRE EUROPA, teremos que buscar información, realizar un resumo da mesma,
preparar unha exposición oral sobre o investigado e por último presentarnos un
mapa conceptual do tema para o seu estudo.
LEMBRA O PROCESO
DE TRABALLO:
·
Traballaremos
agrupados cos mesmos grupos da aprendizaxe cooperativa, na que xa temos
designados o coordinador/a, o/a portavoz
e o secretario/a.
·
O segundo
paso será buscar en diferentes soportes(libro de texto, diccionarios temáticos,
ordenador,... información sobre o tema que temos que preparar.
·
Anotaremos
o importante no noso caderno de equipo e se fora posíbel nun archivo Word.
·
SELECCIÓN
da información que sexa relevante para elaborar a unidade.
·
ORGANIZACIÓN
da información que seleccionamos para dar coherencia ao contido.
·
MONTAXE
da información no noso caderno ou nun PowerPoint, con textos, debuxos,
fotografías e todo o que sexa necesario.
Lembra que tedes
que facer unha exposición ao resto do grupo-clase.
ESTRUCTURA DA INVESTIGACIÓN – DÚAS SESIÓNS.
Grupo 1 A poboación de Europa.
Grupo 2
A Unión Europea: Obxectivos, vantaxes, inconvintes para España e Galicia
Grupo 3
A zona euro: Que é? Que países a
forman? Cales están en proceso de integración na mesma? Que é o “brexit”? Que
país quere irse da UE?
Grupo 4 Historia da UE
Grupo 5 Institucións da UE
Cada grupo
realizará con todos os datos un resumo do tema que nos como mestres iremos
supervisando ao longo das dúas sesións que teremos para facelo.
Ao remate
empregaremos dúas sesións para exponer cada grupo a súa parte e adxuntar os
resumos aos nosos cadernos de aula para o seu estudo posterior.
Así que ánimo….e imos pórnos mans á obra!!!
Para rematar a
unidade exlicaremos que é unha pirámide de poboación e un gráfico de poboación.
Unha vez rematada a unidade, colgaremos no blogue toda a información.
AS NOSAS LENDAS
Neste mes de marzo estamos a traballar "As nosas lendas", como tod@s sabemos Galiza é terra de lendas, as lendas difúndense coma rumores, aínda que na actualidade xa non tanto, @s nen@s non se lle contan tantos contos, lendas como se facía antes, hoxe en día o tempo ocúpase en outras cousas que fan que se perda parte da nosa cultura, parte da nosa tradición,... e polo tanto parte da nosa terra. Unha ferida máis que se abre.
Pero por sorte @s alumn@s de 6º curso do CPI Manuel Padín Truiteiro, imos tentar recuperar algunha das lendas máis coñecidas polo noso entorno.
Esta primeira que imos ver e escoitar esta recollida por Laura Pérez a intrépida reporteira de 6ºB, é unha lenda que nos fala de Pedro Madruga, personaxe que habitou o castelo de Soutomaior alá pola Idade Media.
Tod@s moi atentos, escoitade con atención. Merece a pena!!!!
Neste enlace tamén podedes ler e escoitar un montón de lendas de Galiza, é unha páxina ben fermosa e interesante, aquí vola deixamos.
OS SECTORES DE PRODUCIÓN EN EUROPA, ESPAÑA E GALICIA
Qué son os sectores de produción???? @s alumn@s de 6º imos facer unha pequena explicación do tema. Despois de traballar o tema como unha unidade de investigación e coñecemento chegamos á seguinte conclusión.
Os sectores productivos son as distintas actividades económicas, atendendo ó tipo de proceso que se desenvolve.
Imos ver esta pequena montaxe feita sobre o tema, desexamos que vos guste e sobre todo que poida aportarvos coñecementos.
Os sectores productivos son as distintas actividades económicas, atendendo ó tipo de proceso que se desenvolve.
Imos ver esta pequena montaxe feita sobre o tema, desexamos que vos guste e sobre todo que poida aportarvos coñecementos.
luns, 30 de xaneiro de 2017
- Iso tamén pero é máis cousas. A que si mestre???? Tamén pode ser a PAZ persoal, estar en paz cun mesmo. Iso é difícil.
- Ou estar en PAZ na escola, é importante non pelexar nos recreos, ou cando traballamos no equipo chegar a un acordo sen enfadarnos e sen insultar, porque ás veces ... Vou calar para que haxa PAZ.
- A paz é un valor, eu seino.
Mil respostas válidas d@s nos@s nen@s para definir PAZ, tod@s saben o que é, e tod@s saben o difícil que é acadala.
Hoxe cantamos pola PAZ, enviamos mensaxes cheas de esperanza e tamén corazóns cargados de AMOR e bos sentimentos, desexando poder cumprilos.
Nen@s de 5º e 6º de primaria.
mércores, 18 de xaneiro de 2017
OS INVERTEBRADOS
|
NON teñen
columna vertebral, nin esquelete interno. Son principalmente ovíparos.
Poden ter
protección corporal (caracol) ou non tela (vermes). Poden ter patas
articuladas ou non telas.
|
CARACTERÍSTICAS:

Son ovíparos. Algúns teñen patas articuladas e outros non.A maior parte dos invertebrados respiran por tráqueas ou a través de branquias, respiran osíxeno. Algúns teñen pulmóns.
A súa reprodución pode ser sexual ou asexual. Son os únicos capaces de vivir en calquera tipo de medio, xa que se adpatn a todas parte e están capacitados para voar algúns deles.
INVERTEBRADOS SEN PROTECCIÓN CORPORAL
- PORÍFEROS : chamados esponxas , son acuáticos.O corpo é xelatinoso e fibroso con canles revestidas de células. Corpos sen simetría , viven fixas nos fondos. As súas células reteñen o osíxeno e alimentos.
- CNIDARIO: Son acuáticos e sinxelos ,teñen tentáculos. O seu corpo ten forma de saco ,cunha abertura ou boca. Aliméntanse doutros animais que atrapan cos tentáculos con células velenosas. Toman osíxeno por todo o corpo. Ex : augamar ,anemonas ou corais.
- ANÉLIDOS: Son de corpo longo ,delgado, musculoso e con aneis. Teñen a cabeza definida e a boca con pezas duras. Toman osíxeno por todo o corpo .
- Poden ser:
Acuaticos : samesuges,plumeiros de mariños. Terrestres: lombriga, miñocas.
INVERTEBRADOS CON PROTECCIÓN CORPORAL
EQUINODERMOS: viven no mar,o seu corpo ten simetría radial,cuberto de placas espiñentas.
Ourizos: corpo case redondo e Estrelas de mar: corpo cun eixe central e placas cuberto de espiñas. espiñentas.
Non teñen cabeza.
MOLUSCOS: case todos teñen cuncha.
Teñen o corpo dividido en: Cabeza, masa visceral (órganos internos), pé (órgano locomotor)
Poden ser terrestres (caracol) ou acuáticos (mexilóns).
Os acuáticos respiran por branquias.

Tipos de moluscos:
Cefalópodos: teñen pé con tentáculos, algúns carecen de cuncha,
como os polbos e outros teñen cuncha interna, as luras ou sepias.

Bivalvos: cuncha de dúas pezas.
Mexilóns, ameixas, ostras...
Gasterópodos: teñen un pé plano co que reptan. Algúns teñen cuncha dorsal. Caracois e lesmas.
ARTRÓPODOS: teñen exoesqueleto articulado.
Teñen cabeza diferenciada, tronco segmentado e varios ares de patas.
Os artrópodos acuáticos teñen branquias, os demais repiran por tráqueas.
Insectos: teñen 6 patas. Algúns teñen ás para voar.
Ex: abella , escarabello, bolboreta, saltóns...

Arácnidos: teñen 8 patas.
Viven na terra.
Aliméntanse de insectos e teñen pulmóns.
Ex:Araña.
Crustaceos: teñen entre 10 e 20 patas. Catro antenas.
Son todos acuáticos.

Miriápodos: teñen moitos pares de patas (ata100).
O seu corpo é longo e duro formado por aneis e dúas antenas.
Viven na terra aínda que buscan humidade.
A respiración é traqueal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












